sábado, 18 de mayo de 2013

A voltas coa lingua galega

É normal e xusto que os máis sensibilizados co patrimonio cultural que significa unha lingua, reclamen máis atención e protección a ela. É normal e xusto, tamén, que todos reclamen o respecto a súa lingua materna, sexa esta o galego, o castelán ou calquera outra. O que non é normal é que as autoridades de Galicia, as plataformas pro lingua galega, as plataformas pro lingua catelá, etc. só fagan fincapé no uso da lingua na ensinanza. Hai outros ámbitos como a xustiza, a administración pública, a empresa privada, a sanidade, a prensa escrita... donde tamén se poden facer esforzos para esa tan cacareada "normalización" da lingua galega.

Se unha lingua necesita ser "normalizada" é porque estivo moito tempo abandonada e incluso perseguida. A máxima responsabilidade corresponde a quen a perseguiu e a quen non loitou para que dita persecución cesase. Tamén teñen culpa todos eses grupos sociais que se consideran rectores da sociedade e que xenéricamente se clasifican dentro da rúbrica de burguesía, que en Galiia -agás uns poucos casos- non fixeron nada, durante os dous últimos séculos, contrariamente o papel que outras burguesías teñen feito en favor da lengua autóctona.

Pola miña parte teño dito en máis dunha ocasión que en toda comunidade bilingüe -e que Galicia é unha comunidade bilingüe non o pode negar ningúen- dase o caso, que tamén se observa noutros países, de que unha lingua das dúas en "litixio" está sempre por riba en prestixio e uso entre unha parte da poboación. A que goza desa situación privilexiada non ten por que ser a común a outras comunidades; non ten por que ser a autóctona: poden darse cada unha das dúa situacións. O que nunca se dá, que se saiba, é a igualdade, e isto se explica por razóns históricas, políticas, sociolóxicas e incluso lingüísticas (pode que unha lingua evolucionase máis ca outra e adaptase mellor o seu léxico a un mundo novo e en trasformación). Isto non presupón, pola miña pate, prexuzgar nada; só constatar un feito que os sociolingüistas os que leo confirman.

No caso da ensinanza creo que a mellor solución está en delegar o pulo que a lingua galega deber ter nos propios centros educativos. Unha lei marco pouco intrusiva e moi xenérica, debera marcar os mínimos a partir dos cales cada centro debería arbitrar e garantizar o uso da lingua galega nas aulas. Os claustros de profesores deberían debater este asunto, chegar a acordos e garantizar que, polo menos, o cincoenta por centro das clases se impartisen en lingua galega (tendo en conta que a Lingua e Literatura Castelá se imparte en castelá e as linguas estranxeiras crecentemente se imparten en inglés, francés, etc.). Por que a lexislación, ata agora, reservou a obrigatoriedade do uso do galego nas aulas para determinadas disciplinas e non para outras? Porque se tivo unha idea adoutrinadora e instrumentalizadora do galego: Ciencias Naturais, Xeografía, Historia... De forma que disciplinas con características máis técnicas (Matemáticas, por exemplo) podían impartirse en lingua castelá.

Os centros son os que deben arbitrar -segundo as competencias dos seus profesores nas linguas galega e castelá- cales serán as vehiculares en cada aula, garantizando aquel mínimo que tamén debera extenderse a outros ámbitos (xa citados). Está demostrado que os axentes sociais (profesores, xuíces, funcionarios en xeral, empresarios, empregados, xornalistas...) se motivan máis e mellor cando son eles os que toman as decisións sobre cuestións tan delicadas que cando veñen impostas por leis que -de principio- están feitas para non ser cumplidas. E digo isto porque ninguén renuncia forzadamente o uso da súa lingua materna, que é un valor máis fondo e importante que "lingua vernácula" ou "lingua común a outras comunidades".

L. de Guereñu Polán. 


No hay comentarios: