miércoles, 9 de enero de 2008

Benvidos ao noso novo foro electrónico

Co comezo do ano a Fundación Luís Tilve quere dar un paso máis no mundo do ciberespacio, coa intención de chegar a un maior número de xente e que esta poida darnos a súa opinión ou facer comentarios sobre o noso traballo, as nosas publicacións, as nosas investigacións, etc. Pero sobretodo pretende ser un foro de opinión que faga máis extensiva a labor que realizamos dende a nosa revista "Claridade", a cal trata un tema de actualidade en cada número.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

A verdade e que o anuncio de Zapatero de “devolver” 400 euros a cada traballador ou xubilado declarante do IRPF, resultou chocante, con sona a regalo electoral e mesmo a intento de compra de votos.

Sen embargo a medida que se van coñecendo os detalles, a impresión e diferente e situase como o que é: unha medida de caracter fiscal, presentada dun xeito atípico.

Polas aclaracións posteriores sabemos que a deducción non será excepcional para este ano 2008, senón para tódolos anos, e que será incorporada a deducción mensual na nómina. E dicir que suporá unha rebaixa na retención mensual por IRPF de 33’3 euros (unhas 5.550 das antigas pesetas), para tódolos asalariados e pensionistas (mais de trece millóns), dun xeito lineal o que beneficia os que menos gañan. Aclarado esto cabe valorar agora a oportunidade desta rebaixa fiscal.

Son contrario as rebaixas fiscais, pois como ben di Gaspar Llamazares, detrás dunha rebaixa de impostos agochase case sempre unha reducción de inversións e servicios públicos. Sen embargo neste caso non me parece mal que se alivie a presión fiscal sobre as rendas do traballo, sobre todo despois de terse pechado as contas do estado do ano 2007 con superávit, e de sufrir estas rendas un serio deterioro polas subas das hipotecas e dos prezos dos alimentos básicos.

Rajoy tamén fala de rebaixas fiscais, pois anunciou que se gaña as eleccións “aplicara unha rebaixa fiscal adicional de hasta 1000 euros anuais as mulleres traballadoras (uns tres millóns). Prometeu tamén “rebaixas do IRPF en tódolos tramos”, que de ser proporcionais e non lineais beneficiarían mais os que mais gañan.

Anónimo dijo...

Coido que ter superávit presupostario cando hai aínda tantos déficits en materia social e un luxo que non podemos permitirnos. Para algúns pode interpretarse como reflexo de boa xestión, pero para outros todo o contrario: sobra diñeiro porque hai unha xestión ineficiente dos asuntos públicos, ou non se sabe que facer con el.

A lectura da dereita dun feito como este e clara: Se hai superávit rebaixemos impostos. Pero para a esquerda non debe ser esa a lectura, senón a de mellorar servicios, investir en infraestructuras tanto sanitarias por exemplo, como educativas, de investigación, etc. ¿Acaso non hai falla de prazas hospitalarias e saturación das listas de espera na sanidade?.

Así, sen mais, o camiño da rebaixa de impostos non é o axeitado, sobre todo nun pais como España que ten marxe para o aumento de presión fiscal, ate achegarse a media dos países máis prósperos da Unión Europea. En materia fiscal e necesaria unha pedagoxía sociopolítica que os partidos de esquerda deben asumir en lugar de claudicar diante da demagoxia do partido popular en materia fiscal. E certo que a presión fiscal sobre as rendas mais baixas debe diminuír, e incluso desaparecer, pero elo debe facerse no contexto dunha reforma fiscal da que se fala moito, pero que ninguén se atreve a emprender, aínda entendendo que se trata dunha cuestión arriscada e complexa.

Anónimo dijo...

En mi opinión, los 400 € son una medida coyuntural, para inyectar dinero rápido en la economía, aunque me gustaría leer la opinión de algún economista que sepa de esto: acaba de salir el dato del paro que ha aumentado considerablemente. Probablemente, el gobierno sabía de este problema con antelación. El aumento de los tipos de interés, el pinchazo de la burbuja inmobiliaria, los problemas de la economía americana, etc pueden suponer un frenazo en la economía española, especialmente en el consumo. El gobierno no puede contar con la política monetaria y cambiaria para controlar la situación, con lo que tiene que inyectar liquidez a través de la política fiscal. Sería posible tomar medidas estructurales, más necesarias y más justas socialmente (prestaciones sociales o grandes obras públicas, que necesitan trámites parlamentarios, licitaciones, etc...) pero quizá la medida llegase tarde y la crisis llegaría con virulencia. Espero que esta medida tenga éxito y al final no llegue esta crisis que algunos están empeñados en traer. Y también espero que la medida sea coyuntural y el modelo fiscal no se base en rebajar impuestos a costa de deteriorar los servicios públicos.