viernes, 11 de enero de 2008

Pobreza e exclusión

Pobreza e exclusión:
O derradeiro número (4) de CLARIDADE inclúe distintos traballos que en torno a "Pobreza e exclusión" refliten a visión dos seus autores sobre a respectiva situación en Galicia. Hai nos autores unha coincidencia maioritaria de que, a pesares do notable crecemento económico mundial habido na derradeira década, este non é quen de erradica-la pobreza e evita-la exclusión dun amplio número de persoas. Hai tamén unha constatación xeral de que esta situación nón é exclusiva dos paises menos desenvolvidos -terceiro e cuarto mundo- senón que é xa unha realidade nos paises mais avanzados -a Unión Europea, os Estados Unidos, Xapón, etc.- onde as situacións de pobreza e exclusión lonxe de disminuir parecen consolidarse -enquistarse- afectando a un amplio número de persoas e colectivos.
Esta realidade empírica pon tamén en evidencia que "crecemento económico" e "desenrolo humán" non son sinónimos nin siquer complementarios. Que a economía pode medrar a taxas notables sen que desaparezan as situacións de pobreza e exclusión, senón que se consoliden o tempo que se amplian as lendas na distribución da riqueza: que os ricos sexan cada vez mais ricos e os pobres cada vez mais pobres. Un exemplo desta realidade ven subliñado nas cada vez maiores diferencias entre as rendas do capital e do traballo: algo que podemos confirmar se comparamos -p.e.- os ingresos anuais dos dirixentes das principais entidades bancarias españolas, compañias de seguros e/ou sociedades de fondos de pensións, dos empresarios da construcción, o textil, etc., con o salario (ingreso) medio do conxunto dos traballadores -cualificados ou non-.
Esta realidade, constatable empiricamente, é moi pronunciada -velahí unha das principais características da actual fase expansiva do capitalismo mundial- nas rexións periféricas dos territorios mais desenvolvidos -como, p.e., a Unión Europea- xa que si aquelas presentan crecementos econòmicos superiores á media do seu entorno non poden, nembargantes, evitar que se amplien as lendas de desenrolo en relación as rexións mais desenvolvidas tanto no conxunto da UE como ó interior da cada un dos países o tempo que nelas se consoliden as situacións de precariedade laboral e pobreza.
E Galicia nón é unha excepción: crecemento económico notable que o tempo que facilita grandes ganancias ás rendas do capital -algúnhas das maiores fortunas nacionais e europeas están localizadas en Galicia- e, certamente, millora da empregabilidade, consolida empregos precarios, baixos salarios, bolsas de pobreza e un mais que notable "déficit social".
Velahí a razón de ser do derradeiro número de CLARIDADE: reflectir distintos puntos de vista sobor desta realidade e procurar lanzar un debate que consideramos cada vez mais necesario.
Manoel Barbeitos Alcántara
Consello de redacción de CLARIDADE.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

A proposito de pobreza. Leo no diario El Pais de hoxe que a nova fichaxe do Partido Popular, o señor Pizarro, sendo Presidente de Endesa no ano 2006, cobrou 3.650.000 euros, case o triple que tódolos membros do goberno xuntos, que percibiron ese ano un total de 1.333.582 euros. Claro que ese mesmo ano, Dn. Francisco González, Presidente do BBVA percibeu uns emolumentos de 9.780.000 euros, triplicando a súa vez o señor Pizarro.
Non son casos illados senón comúns a outros moitos altos directivos de empresas, que ademáis dispsoñen de contratos blindados que aseguran indemnizacións millonarias en caso de despido. Unha das blindaxes mais espectaculares e a do BBVA, pois os seus tres conselleiros (González, Goirigolzarri e Maldonado) terán dereito a unha indemnización en caso de cese de 141.390.000 euros, dos que case a metade corresponden a Presidente. O contrato do Presidente de Telefónica está blindado con unha indemnización equivalente a tres anualidades, e unha máis en función da antiguedade. En Iberia a indemnización e de tres anos e medio, e en Iberdrola de cinco anos.
Altos directivos asi, son os grandes impulsores dos baixos salarios, dos contratos en precario e do despido máis barato, para asegurar a competitividade e a "modernización" da nosa economía.

Anónimo dijo...

O “Informe de la Inclusión Social en España” realizado por prestixiosos sociólogos e antropólogos por encargo da Obra Social de Caixa Catalunya, merece a pena ser coñecido e divulgado. Son obxectivos deste estudio analizar as limitacións do concepto de pobreza, e analizar a distribución dos riscos de exclusión o longo do ciclo vital. O traballo levouse a cabo mediante enquisas e entrevistas en profundidade cos actores sociais.

No estudio utilízanse diversos umbrais de pobreza: Pobreza moderada: ingresos equivalentes o 60% da mediana de ingresos (6.347 euros anuais); Pobreza Alta: Ingresos equivalentes o 40% da mediana de ingresos (4.231 euros anuais); Pobreza severa: ingresos equivalentes o 25% da mediana de ingresos (3.037 euros anuais). O estudio acaba situando a media de pobreza en España no 19’7% da poboación. De entre as conclusións deste estudio cabe salientar as seguintes:

- A pobreza moderada en España concentrase entre as persoas menores de 16 anos e maiores de 65. Na maioría dos países do entorno europeo a pobreza concentrase nas idades de emancipación dos mozos.
- A metade das mulleres maiores de 65 anos, e un tercio dos homes que viven solos son pobres. A pobreza alta e de un 7% entre as persoas maiores de 65 anos.
- Un 26% dos fogares con menores de 6 a 15 anos son pobres. A vinculación dos proxenitores co mercado de traballo ten unha relación directa coa pobreza dos fillos/as: Mais da metade dos menores de 6 a 15 anos son pobres cando ningún dos seus proxenitores traballa; A incidencia da pobreza e maior na familia tradicional (pai traballa, nai non traballa) que nas familias monoparentais onde a nai traballa (34% e 28% respectivamente). O risco mais alto de pobreza atópase nos fogares nos que ningún dos proxenitores traballa, e nos fogares monoparentáis nos que a nai non traballa.
- A diferencia entre as taxas de pobreza antes e despois de descontar os costos da vivenda (hipoteca ou aluguer) e mais acusada entre os mozos (ate 9 puntos de diferencia) xa que se trata de grupos de idade onde a porción de renda dedicada a adquisición de vivenda e mais grande.
- As persoas de 26 a 35 anos son o grupo de idade que presenta as taxas de pobreza relativa mais baixas: Un 13%. Un 36% vive na casa dos seus pais.
- As monoparentais e as numerosas son as familias con mais alto risco de ser pobres entre as persoas de 26 a 35 anos emancipadas (53% e 37% respectivamente).
- En caso de vivir solos os xoves de 26 a 35 anos, a proporción de pobres neste grupo situaríase nun 43% (e ate un 57% despois de incluír os costos de vivenda).
- No caso de vivir con unha parella (onde so un dos dous traballa) e un fillo/a dependente, a pobreza situaríase nun 81% despois de incluír os costos da vivenda.

Anónimo dijo...

Certamente a pobreza e a exclusión son hoxe un serio problema en Galicia e en España, e tamén nos países economicamente mais avanzados, cos Estados Unidos en primeiro lugar, e o que non se lle está concedendo a importancia que ten e a atención que merece. Moito mais grave e doloroso do que poden reflectir os estudios e as estatísticas. Quen sabe se por eso moita xente, cansada de promesas, pasa da política. Parabéns a Fundación Luís Tilve por impulsar este debate. Para o goberno socialista debe ser motivo de reflexión e acicate para afondar moito mais aínda nas políticas sociais, pois o déficit existente e moi grande ¡Fora complacencias! Se volven as políticas do Partido Popular durante o goberno de Aznar estamos apañados. “De aquellos barros vienen estos lodos”