jueves, 8 de mayo de 2008

SÉCULO XXI - Un novo Socialismo Democrático.

Resulta curioso constatar que tanto os traballos teóricos, como algúns intentos prácticos, sobre a procura dunha Sociedade máis xusta, a través de gobernos de corte socialdemócrata ou similar, do presente século, acumúlanse na contorna de Latinoamérica. É necesario recordar que o invento do Socialismo Democrático nace en Europa como oposición ao Comunismo, ou socialismo de tipo totalitario, ao que contribuíu a derrotar polo efecto demostración, tanto ou máis que o enfrontamento semibélico da potencia occidental capitalista por excelencia, invento que está na orixe dos actuais promotores de teoría e práctica do Socialismo Democrático para o século XXI. Por outra banda, resulta bastante claro que os partidos herdeiros dos inventores orixinais perderon impulso e iniciativa, ao integrar na súa doutrina elementos do neocapitalismo, como o valor do mercado como referente case único, ata límites de contradición cos propios postulados. Por iso o intentar reinventar ou actualizar a doutrina socialdemócrata, a través dos útiles existente ou doutros novos, como a macrofundación proposta polo actual Secretario Xeral do PSOE, non só é algo conveniente senón ata imprescindible. En Europa en España perdeuse perspectiva histórica e actualmente confúndese como o Obxectivo a presenza dos partidos socialistas nos gobernos, cando o verdadeiro Obxectivo é estar presentes, si, pero para superar e eliminar as desigualdades creadas polo capitalismo puro e duro. A presenza de socialistas na alcaldía, a presidencia da Xunta ou no goberno do Estado, non se xustifican por se mesmas, teñen que responder obxectivamente ao que os militantes do seu partido, os seus simpatizantes e votantes avalíen como acertado. Hoxe non é suficiente gobernar, é ademais necesario acertar na redución das desigualdades, garantir as liberdades reais, non só a de expresión hoxe en mans de moi poucos, inventar un futuro sostible para as xeracións vindeiras ao ámbito europeo, tamén influír no resto do mundo para a democratización do poder, para conseguir unha repartición da riqueza, repartición que se conseguirá sempre polo uso da forza emanada das urnas e nunca entregada voluntariamente por quen a detentan con tanto exceso. Maio de 2008
Fdo: Isidoro Gracia Plaza

1 comentario:

Anónimo dijo...

Me pregunto si mas que "un nuevo socialismo democrático", no sería mas acertado decir "socialismo democrático de nuevo" ¿Por qué? Pues porque pienso que los males del socialismo democrático, o socialdemocracia, están mas en la inconsecuencia con sus principios, que en la conveniencia o necesidad de sustituirlos. La igualdad, la libertad, el respeto a los derechos, el papel del Estado aún en una economía de mercado, el mantenimiento y defensa de los servicios públicos como tales y no como negocio o mercancía, la defensa de "lo público, o de todos" frente al prodomnio de lo privado, son algunas cuestiones a las que no se puede renunciar. De lo contrario, tan sólo cosechará descrédito, indiferencia, y en el mejor de los casos la consideración de "mal menor" por parte de los mas optimistas. Caminar hacia supuesto "punto de encuentro" con las políticas neoliberales (caso de Alemania), puede obligar, sin remedio a buscar nuevas altarnativas de izquierda favorables a los intereses de los trabajadores. La "tercera vía" británica ya vemos en que ha terminado.