sábado, 17 de diciembre de 2011

A vindeira lexislatura

Tal e como quedou formado o Congreso dos Deputados (o Senado é outra cousa) a diversidade política está máis reflectida que na anterior; o Partido Socialista é o segundo grupo a moita distancia do primeiro e a máis distancia do terceiro. Todos sabemos que o Partido Popular ten maioría absoluta, o que lle permitirá facer unha política claramente conservadora con algunas concesións a nacionalistas afíns en temas económicos, e menos o Partido Socialista (isto sería lóxico para dar maior pulo político ás decisións tomadas polo Congreso).

Hai unha novidade importante pero que non debería facer caer en trampa algunha ós restantes grupos políticos: a presenza de Amaiur, donde hai algúns amigos de ETA (outros non, pois en dita coalición está Eusko Alkartasuna). Este grupo tomará o Congreso para publicitarse, para pregonar o independentismo vasco que propugna (todo o cal é lexítimo) e para complicarlle a vida ás institucións democráticas (o cal xa no é lexítimo). Non é lexítimo se se acepta a democracia, pero caben serias dudas de que Amaiur a acepte con todas as consecuencias; só segundo se conveña. As broncas, os desplantes, a búsqueda dos titulares nos períodicos, as roldas de prensa donde estean membros de ETA máis ou menos exonerados, ex-presos, etc. son previsibles. Os medios de coumunicación teñen aquí unha grande responsabilidade en non contribuir a esa estretexia; pero os grupos políticos teñen aínda máis responsabilidade, pois ocupan os escanos da Cámara donde reside a soberanía popular.

Desde o meu punto de vista o Partido Socialista debería manterse o marxen das liortas que poidan ter o Partido Popular e Amaiur, apoiando só o primeiro nos casos en que estean en cuestión as institucións democráticas, e procurando non dar pábulo o Partido Popular para que explote o seu nacionalismo español contra o nacionalismo vasco. Esto debe ser denunciado como se de dous males se tratase.

Marcar distancias con Partido Popular é outro dos obxectivos segundo a miña opinión: non só nas propostas, nas políticas, senón tamén na moral, nos procedementos e na exemplariedade. Fuxindo de acomodarse o Partido Popular nas súas propostas pragmáticas so pretexto de que son as que veñen "impostas" desde Bruxelas, etc. O Partido Socialista debería anticiparse sempre en propoñer aquelas medidas que o país necesita -loxicamente para ser derrotadas- e a política de prensa que se estableza faría o resto. O labor parlamentario debe ser frenético, sen concesións o descanso ou o desánimo, para o que non sei se o grupo parlamentario socialista conta cos mellores activos (obviamente non coñezo a case ninguén). 

Para que o labor parlamentario sexa fructífero debe ir acompañado dunha gran movilización da militancia e da sociedade, buscando a complicidade -con fins exclusivamente de política social e democrática, non electoralistas- de sindicatos obreiros, asociacións cívicas, ONG, xóvenes, intelectuais e mulleres progresistas, tentando explicar que unha nova etapa comenza para o socialismo español, que debe dar unha batalla importante nos foros internacionais, pois a U.E. é hoxe -segundo a miña opinión- un freo importante o progreso da democracia (quen llo diría a Spaak, a Shumann e ós pais de Europa?). Leín hoxe mesmo que o socialismo ten que facerse internacional (que é o contrario de nacionalista) tentando formar partidos socialistas europeos que recuperen o vello espírito cando máis se necesita: nunha economía e sociedade globalizadas. 

Agora ben, para levar a cabo as ideas que poño arriba primeiro hai que saber qué se quere facer: cal é a ideoloxía que vai sustentar a acción do Partido Socialista, do seu grupo parlamentario, dos seus cadros medios e dos seus militantes. Se o prioritario -e tal cousa asoma no primeiro momento- é como se "sitúa" este ou aquel persoeiro, mal; se o prioritario son as liortas internas, mal; se o prioritario son discusións estériles, mal. Por certo, unha destas -segundo a miña opinión- é a que con toda seguridade sairá do Congreso dos socialistas cataláns: a formación dun grupo propio no Congreso. Como se non tivésemos máis problemas que atender e puidésemos fraccionar a mensaxe socialista. Eu non ignoro que os socialistas en Cataluña deben ter unha política definida en relación o catalanismo; outra cousa é pretender ser máis catalanistas que Macià. A excusa que lles teño escoitado de que CiU capitaliza a "defensa dos intereses cataláns" (coma se Cataluña fose unha e non tantas coma clases sociais e intereses existen) poderíase solucionar tendo varios portavoces parlamentarios para segundo que asuntos. 

Pero tales reflexións miñas pode que non teñan sentido para a maioría dos socialistas españois, a quen desexo o mellor traballo e resultados nestes vindeiros catro anos.

L. de Guereñu Polán.

No hay comentarios: