viernes, 6 de julio de 2012

AMINISTIA FISCAL PARA OS GRANDE DEFRAUDADORES

          Si España é un dos estados europeos con maior grado de fraude fiscal      –calcúlase que as cantidades anualmente defraudadas equivalen ao 20-25% do PIB español que ven a significar o dobre que a media europea- Galicia pasa por seren unha das comunidades autónomas con un fraude fiscal mais elevado –algunhas cifras sitúano no 26% do PIB autonómico-.

Un fraude fiscal que, digan o que digan os gobernantes, dirixentes políticos, medios de comunicación e alabardeiros de opinión,  en mais dun 70% deriva das grandes fortunas e capitais. Un fraude fiscal, por outra parte, que non seria posible sen a complicidade das grandes entidades financeiras           –bancos, especialmente, que “ocultan” e “lavan” eses capitais- e unha real falta de vontade política para combatelo por parte das autoridades respectivas, como ben sinalan os técnicos de facenda.

Un fraude fiscal que o goberno de Mariano Rajoy –con Cristobal Montoro de Ministro de Facenda- quere afrontar, nada mais e nada menos, que con unha “amnistía fiscal” –efumisticamente chamada “regularización fiscal”-.

Fronte a esta decisión o primeiro que cabe dicir é que este goberno é “coherente”. Coherente con os intereses que realmente defende: os intereses dos seus amigos que son os cidadáns españois de rendas altas –banqueiros, financeiros, grandes empresarios e elites políticas-. Uns amigos, moitos dos cales, practican o deporte do “fraude fiscal” e que, loxicamente, estarían entre os grandes beneficiarios desta “amnistía”. Uns amigos que, nembargantes, non cambiaran de costumes: seguirán defraudando como fixeron deica agora. A experiencia nos ensina que este tipo de “amnistías fiscais” teñen escasos efectos prácticos: en España levamos xa catro –si, catro- amnistías fiscais dende que se instaurou a democracia e todas, todas resultaron ineficaces.

Unha decisión, por outra parte, que atenta contra un principio fiscal básico en toda democracia que se prece: a “xustiza” tributaria. Supón un agravio comparativo deica aqueles cidadáns –a maioría entre as clases traballadoras- que cumprimos fielmente con as nosas obrigas fiscais polo que non precisamos de que se nos apliquen “amnistías” fiscais.

Tamén é un atentado a “igualdade fiscal” xa que tal e como está orientada esta amnistía a moitos defraudadores, de entrar por esta vía, bastaralles con pagar menos do 1% de todo o defraudado –evitando ademais xuros, recargas e sancións- para saldalas súas contas con facenda, cando os contribuíntes ordinarios temos que pagar tipos moi superiores

Finalmente é, cando menos, o recoñecemento explícito dun “fracaso” na loita contra a economía mergullada.

Manoel Barbeitos

No hay comentarios: