O dez por cento restante non pode acudir ós seus proxenitores por razóns ideolóxicas, morais, relixiosas, penais ou por desentendemento do problema. Ou pola sua propia seguridade diante dunha situación previsible de violencia. Problemas de desamparo familiar, familias desestructuradas, pais en prisión, riscos de malos tratos, enfermedades invalidentes nos pais, pais abertamente contrarios ou que renuncian a coñecer e acompañar as suas fillas. Son os datos do devandito informe
Hai alguns meses, interpelado polo Grupo socialista, Núñez Feijoo dixo que buscarían un consenso. sobre esa norma.Como sempre, faltou a verdade. Agora 120 mulleres novas cada ano, en Galicia, dependerán do criterio patriarcal para interrumpir o embarazo. Inevitablemente moitas abortarán na clandestinidade, sen protección xurídica, nin asistencia cualificada, con risco da sua vida. Sempre hai quen explota as situacións de necesidade.
Son mulleres que poden contraer matrimonio e autorizar, sen tutelas, amputacións, tratamentos de quimioterapia ou ligadura de trompas, pero que non poden interrumpir o embarazo. Poden traballar dez horas diarias e teñen responsabilidade penal. Poden testar e conducir ciclomotores pero non decidir a sua maternidade.
Para satisfacer á fracción máis ultramontana da dereita española, vaise cambiar unha norma semellante á motias lexislacións europeas que ten conseguido reducir o número de abortos, ano tras ano. Será un triste espectáculo ver ás deputadas populares desprezar o discurso de igualdade para marxinar as mulleres máis febles.
José luis Mendez Romeu
No hay comentarios:
Publicar un comentario