viernes, 4 de marzo de 2016

A VELLA LOITA DE CLASES


Que a dereita económica e social, así como os seus altofalantes, tenten de negar que a loita de clases segue viva na actualidade aínda que, loxicamente, teña manifestacións cuantitativa e cualitativamente diferentes a cando, por exemplo, C. Marx escribiu a súa obra mestra EL CAPITAL, é algo que resulta comprensible. Tamén o resulta que un sector do autoproclamado centroesquerda fuxa de recoñecela e, xa que logo, combatela. Pero o que xa resulta patético é que aqueles que din defender as clases traballadoras no queiran ni óela nomear. I é que a pesares das reiteradas negativas a loita de clases esta aí e as evidencias son continuas, especialmente en épocas de crise como na actualidade. Vexamos esas evidencias en Galicia i España.
Como xa escribín no seu momento o ano 2015 pechou de moi mala maneira para as clases traballadoras, para as chamadas rendas do traballo galegas i españolas. Dende o punto de vista do emprego Galicia e España presentaron un balance do mercado laboral que marca records en Europa pola súa negatividade: con taxas de paro do 17,74% (Galiza) e 20,90% (España) ámbalas dúas colócanse no pelotón de cabeza na Unión Europea chegando a duplicar a taxa media de paro desta (9,6%). Si falamos dos salarios reais dos traballadores galegos i españois a cousa non pinta mellor: o seu peso na riqueza nacional respectiva (43% en Galiza, 46,7% en España) e o mais baixo de sempre e tamén da Unión Europa onde nos países mais desenvolvidos roldan o 60%. Seguindo cos salarios vimos de saber (GESTHA) que o número de traballadores empregados que teñen un salario inferior ao SMI non para de medrar nin en Galiza (30%) nin en España (34%) e que  sucede o mesmo co número de traballadores que sofren o que se coñece como pobreza laboral xa que teñen uns ingresos polo seu traballo inferior aos 325 euros (12,6% en España, 18,5% en Galiza). E si queremos referirnos aos contratos vemos como a temporalidade é un fenómeno crecente nos mercados laborais de Galiza i España (25,5% e 23,4% respectivamente) sendo moi superior a media na UE (13,8%).
Un ano o 2015 que, nembargante, non pechou de igual maneira para as rendas do capital. Recollendo a información que elas mesmas nos facilitan vemos que as empresas do IBEX35 –non está incluída INDITEX- gañaron en conxunto 20.372 millóns de euros         –equivalentes ao 2% do PIB español-. No sector da grande banca, que tivo unhas ganancias globais de 8.700 millóns de euros, repartíronse, entre os seus directivos, retribucións millonarias: a presidenta do Banco Santander cobrou 7,5 millóns de euros, o presidente do BBVA tivo unha remuneración de 5,6 millóns de euros, o do Banco Sabadell 2,84 millóns, o do Banco Popular 1,45 millóns e o presidente de Caixa Bank gañou 1,15 millóns de euros, por citar os mais grandes. No sector eléctrico as grandes compañías tiveron un beneficio conxunto de 5.009,6 millóns de euros, gañando uns  9,5 millóns de euros o presidente de IBERDROLA, 2,8 millóns o presidente de ENDESA e 1,8 millóns o de GAS NATURAL. No sector das comunicacións o presidente de TELEFÓNICA gañou 8,69 millóns de euros no ano 2015. Finalmente no sector inmobiliario mentres o grupo FERROVIAL obtiña un beneficio neto de 720 millóns de euros o seu presidente ganaba 5,9 millóns, o grupo ACS declaraba uns beneficios de 725 millóns de euros e o seu presidente cobraba 4,5 millóns de euros.
Non debe resultar, xa que logo, estraño que as rendas do capital en Galiza e en España non paren, nestes anos, de gañar peso na renda nacional (45,5% en Galiza, 42,9% en España, mentres nos estados mais desenvolvidos xira en torno ao 30%). Unhas rendas do capital que “aportan” o 70% dun fraude fiscal que en España acada os 60.000 millóns de euros anuais e que posúen un 94% do diñeiro español oculto en paraísos fiscais (19 billóns de euros)  segundo a Oficina de Responsabilidade Social Corporativa e o sindicato GESTHA.
Isto señores é a vella loita de clases. Unha loita de clases que, en Galiza i en España, están ganando por goleada as rendas do capital.


Manoel Barbeitos Alcántara


No hay comentarios: