jueves, 31 de marzo de 2016

PARADOXOS CIENTIFICOS


Un dos paradoxos científicos destes principios do século XXI é o de que mentres a maioría das ciencias continúan avanzando, algunhas de forma impresionante como as matemáticas, a física, a química, a bioloxía, a astronomía, a antropoloxía, a xeoloxía, a xeografía, a historia, a psicoloxía … etc., outras, como por caso a economía, retroceden. Así un ten que observar, atónito, como en pleno século XXI e maiormente por parte de distintos poderes políticos, económicos e mediatices intentan impoñernos en Europa, con notable éxito político, ideas e teses económicas propias do século XIX. Todo a pesares de terse mostrado abondo como ineficaces e/ou inservibles.
O fracaso destas teses, chamadas neoliberais, que defenden a austeridade fiscal, a rebaixa salarial e a privatización de activos públicos entre outras medidas é abondo manifesta co longa crise que ateiga aos estados da Unión Europea –lembremos que o grande estoupido produciuse no ano 2008-. Non resulta comprensible, xa que logo, senón é dende unha perspectiva de clase, que se segan defendendo e/ou promovendo polos partidos políticos, os medios de comunicación e, en xeral, a elite dominante.
Pero así sucede como estamos vendo agora en España por parte dunha forza política    –Ciudadanos- que ven de ter unha aparición fulgurante no panorama político español. Unha formación que se autoproclama moderna pero que nembargante, e especialmente en materia de política económica, defende postulados propios do século XIX. Insólito, cando a historia económica das derradeiras décadas pon en evidencia, un día si e outro tamén, que eses principios económicos están obsoletos. Que de ningures serven para un crecemento económico sostido e unha creación de emprego estable e importante. Insólito pero real se analizamos, por exemplo, as propostas de Ciudadanos en materia de política laboral a través tanto do seu programa electoral como do documento que ven de asinar co PSOE e que ambos presentan como “Acordo para un goberno reformista e de progreso”.
No seu programa electoral Ciudadanos imputa a crise española exclusivamente a causas internas entre as que destaca, como non, o mercado laboral. Un mercado laboral que, segundo Ciudadanos, debe ser flexibilizado, introducindo a posibilidade de contratos mais flexibles e mais baratos así como maiores facilidades para o despido que non é outra cousa que unha aposta pola xeneralización dos chamados “minijobs”. No Pacto PSOE-Ciudadanos, mais do mesmo. En primeiro lugar cabe destacar que de ningures se apunta a derrubar a actual reforma laboral e/ou a recuperar dereitos laborais que foron eliminados polo goberno anterior. Introdúcense modalidades de contrato –como o famoso “contrato único”- que supoñen maiores facilidades para o despido –menores indemnizacións e custos para as empresas- e unha mingua dos dereitos laborais do traballador. Tamén se fomenta a contratación a baixo custo que non é, como sinalei, mais que unha nova modalidade de “minijobs” que se queren ampliar e estender. En definitiva rebaixas nos salarios reais e maior precarización nos empregos: isto chámase flexibilidade.
En termos macroeconómicos ámbalas dous propostas apóianse na teoría neoliberal. Unha teoría sobre o mercado de traballo –que se basea fundamentalmente na chamada lei de Say dos mercados perfectos e sobre a que xa teño escrito en textos anteriores (M. BARBEITOS: “Vellos e caducos dogmas II”. Foro CLARIDADE, setembro 2015)- que pon a aceno na oferta laboral. Segundo esta teoría –un auténtico dogma- “hai no mercado de traballo unha tendencia natural, automática deica a plena ocupación, deica o axuste da oferta e a demanda. Pero que pasa cando a pesares desa “tendencia natural” a demanda non se axusta a oferta de traballo e, xa que logo, estase nunha situación de desequilibrio, de desemprego?. Sempre que se produce esa situación é conxuntural pero de prolongarse”     –como por caso está a suceder en Galiza e en España- é sempre, segundo estes profetas, “debido a conduta dos traballadores que non queren traballar por que se negan a rebaixarse o salario (nominal e real) e a aceptar o salario de equilibrio. E si un traballador non quere traballar non hai xeito de obrigar a traballar a quen non quere facelo. Bastaría con que eses traballadores abandonaran a súa teima a unha redución dos seus salarios monetarios, admitiran unha baixa nos salarios reais, para que o mercado de traballo acadara o equilibrio o con el o pleno emprego”. Velaí a base dos programas anteriormente citados: rebaixa nos salarios reais para así conseguir o equilibrio entre a oferta e a demanda de traballo quen leva o pleno emprego. Un mundo feliz: so fai falla que os salarios sexan “flexibles”.
Non deixa de sorprender, como dicía ao principio que en pleno século XXI intenten convencernos de que os gravísimos problemas de emprego e salarios en España resolveríase con solucións propias do século XIX –por certo algo que nunca sucedeu. España ten un dos mercados de traballo europeos menos regulado, mais flexible e mais precario pero nembargante mantén as taxas mais elevadas de desemprego en Europa-.
 En fin…. cousas da vida.


Manoel Barbeitos Alcántara

2 comentarios:

FUNDACIÓN LUÍS TILVE dijo...

El error es considerar que la Economía es una ciencia. Al igual que la historia solo se verifica una vez que los hechos ya han sucedido y se escribe e interpreta al servicio de los poderosos. Lo que califica a cualquier ciencia es que la repetibilidad de los resultados no permite interpretaciones.
Isidoro

FUNDACIÓN LUÍS TILVE dijo...

GUEREÑU DIJO: NO TODAS LAS CIENCIAS FORMULAN LEYES QUE SE CUPLEN. CADA UNA TIENE SU MÉTODO Y ESO ES LO QUE DISTUINGUE A UNA CIENCIA DE OTRA. LAS CIENCIAS APLICADAS TIENEN UN MÉTODO, LAS SOCIALES OTRO, LAS NATURALES OTRO. LAS MATEMÁTICAS NO SON DE NINGUNA DE LAS ANTERIORES Y SON CIENCIA. SI EL MÉTODO ES CIENTÍFICO, HABLAMOS DE CIENCIA. CREO YO...