jueves, 14 de febrero de 2008

Sí á Caixa Única da Seguridade Social

Sen sorpresa, pois algo transcendera xa de encontros anteriores, leo na prensa de hoxe que trala reunión de Galeuscat, os seus integrantes (BNG, CIU e PNV) fixeron publico que “o seu programa cuestiona o concepto de caixa única da seguridade social e tamén o da solidariedade financeira”. Esto que non e novo, e grave por varias razóns.
En primeiro lugar porque fraccionar a caixa da seguridade social sería unha das medidas mais eficaces para avanzar cara a súa privatización. Na actualidade, e mais despois das sucesivas ampliacións do Fondo de Reserva para o pago das pensións, a privatización e un bocado demasiado grande e arriscado tanto dende a perspectiva económica como política. Pero será mais fácil e accesible dividida en porcións.
En segundo lugar, cuestionar o principio de solidariedade financeira supón cuestionar a raíz mesma do actual sistema publico que, precisamente, ten na solidariedade a súa forza. Se a solidariedade financeira non fose boa a nivel estatal ¿por que tería que selo a nivel autonómico? Se de verdade non e boa, habería que abandonar o actual sistema de reparto, e apuntarnos os sistemas individuais de capitalización que fai anos, da man de Rafael Termes, entonces Presidente da Asociación Española de Banca (AEB), predicou por España José Piñera, aquel ministro de Pinochet, artífice da privatización do sistema de pensións chileno. Algo que entonces apoiou tamén Manuel Pizarro sendo Vicepresidente da Bolsa de Madrid, e hoxe flamante fichaxe do Partido Popular.
En terceiro lugar, pode entenderse que comunidades autónomas como Cataluña e Euskadi, con un volume de cotizacións superior o das prestacións que perciben, se formulen substituír a caixa única pola “caixa propia”. Pero este non e o caso de Galicia, onde o conxunto de prestacións recibidas supera o de cotizacións aportadas cada ano, circunstancia pola que e difícil de entender a posición do BNG neste tema.

SUSO MOSQUERA

No hay comentarios: