martes, 10 de noviembre de 2009

Quen estivera interesado en entender os "mecanismos" que facilitan a corrupción que nos invade pode seguir os pasos do derradeiro expedente levantado polo Fiscal Xeral e o verá claramente:
1. O fiscal xeral investiga movementos "sospeitosos" nas contas da filial dunha entidade financeira española domiciliada nunha illa do Canal da Mancha -pertencente a Gran Bretaña- e que resulta ser un paraíso fiscal.
CLAVE PRIMEIRA: Existencia de paraísos fiscais incluso en países da Unión Europea como é o caso de Gran Bretaña.
CLAVE SEGUNDA: Entidades financeiras españolas teñen filiais neses territorios
CLAVE TERCEIRA: Estas entidades derivan diñeiro -grandes cantidades- deica esas filiais sitas en paraísos fiscais-.
CLAVE CUARTA: Un diñeiro que non está suxeito a control público -a Facenda Española- e, xa que logo, non tributa polo que evita un incremento dos ingresos públicos.
2. Este fiscal seguindo con a investigación comproba que eses movementos son realizados ben por políticos de alto nivel, ben por empresarios -preferentemente da construcción-, ben por financeiros.
CLAVE QUINTA: Políticos, empresarios e financeiros varios -son minoría, pero importante- "manexan" diñeiro negro que derivan á paraísos fiscais. Defraudan a facenda e escapan o seu control.
CLAVE SEXTA: Estas transferencias non serían posibles sen unha "leal colaboración" entre partes que produce beneficios mutuos ós axentes anteriormente citados.
CLAVE SÉPTIMA: Aínda que cicais habería que poñela en primeiro lugar. Estas transferencias tampouco serían posibles senón houbera, a nivel internacional, unha liberalización absoluta dos mercados de capitais tal que impide o control público dos movementos.
3. O fiscal tamén, comproba que os diñeiros ingresados proceden maioritariamente de operacións realizadas no sector inmobiliario.
CLAVE OCTAVA: O sector inmobiliario produxo enormes ganancias aproveitadas por axentes diversos -políticos, empresarios e financeiros-.
CLAVE NOVENA: Para que o sector inmobiliario produza estas ganancias tivo que darse a chamada "burbulla inmobiliaria", movemento especulativo que disparou a diferencia entre "valor" e "prezo" da vivenda e facilitou aquelas.
CLAVE DÉCIMA: Esta burbulla non fora posible sen a participación pública -maioritariamente local- no mercado do solo con actuacións de calificación, recalificación, volta e recalificar... etc. dos terreos que dispararon os prezos. Actuacións nas que participaron, xa que logo, amais de políticos, empresarios e financeiros.
CLAVE UNDÉCIMA E ULTIMA: Todo elo víuse facilitado por políticas gubernamentais -fiscais, monetarias, etc.- e das entidades financeiros -facilidades crediticias varias- dirixidas a impulsar o "boom" da vivenda.
Velaí as principais claves dunha parte da corrupción en España. Estas claves tamén nos sirven para ver que non resultaría dificil "darlle unha boa tallada" a aquela -acabar de todo con a corrupción resulta imposible a curto e medio prazo- si houbera unha auténtica vontade política.
Segueremos falando do tema.
Manoel Barbeitos Alcántara.

No hay comentarios: