viernes, 9 de septiembre de 2011

NOVACAIXAGALICIA NACIONALIZADA, PERO A DISPOSICION DOS MERCADOS. Un descomunal fiasco que Feijoo quere compartir con todos.

Tiñamos dúas Caixas de Aforro das que nos sentíamos orgullosos. Agora non temos ningunha. Quedou no seu lugar un banco, nacionalizado provisionalmente e a venda, a disposición dos inversores privados, probablemente dalgúns dos fondos internacionais que nos mercados financeiros veñen especulando coa débeda soberana de España e das súas Comunidades Autónomas. Aí están os nosos aforros e o control de moitas e importantes empresas galegas.
Un desastre de consecuencias futuras moi graves para a economía galega, do que ninguén se atreve a falar con claridade polo de agora, pero que compre facer canto antes. Feijoo debera ser o primeiro en facelo do mesmo xeito que se apresurou a colocarse o primeiro na foto e acaparar o espazo informativo cada vez que se producía unha novidade en relación co que cualificaba como acontecemento decisivo e transcendente para Galicia.
¿Qué foi daquela polémica Lei de Caixas? ¿En que quedaron as vendetas e as liortas polo control da nova Gran Caixa Galega? ¿Para que serviron aquelas rigorosos (e carísimos) estudos de viabilidade feitos por prestixiosas entidades independentes e pagados con diñeiro público? O curioso é que se iniciou o proceso de despedimentos de persoal, prexubilacións (a pesar de ter dito que se ían acabar) peche de sucursais, restricións crediticias e descarado aumento do cobro por servizos, pero os altos prebostes, suponse que responsables principais e directos do bo e do malo das nosas dúas Caixas, seguen aí cos seus soldos e retribucións intactas, formando parte dunha cúpula dirixente que lonxe de reducirse coa fusión, multiplicouse por duas. ¿E aquí segue sen pasar nada?
Non podemos esquecer que os 2.465 millóns (os expertos da Xunta falaban de 1.200 como moito) de euros que o FROB dependente do Banco de España destina o capital de NCG Banco, e diñeiro que tivemos que pedir prestado “os mercados” e forma parte polo tanto de esa débeda soberana que nos está colocando contra as cordas, de maneira que cando algúns din que “gastamos por enriba das nosas posibilidades” e preciso saber quen o fai. Dende logo os cinco millóns de parados non.
Sobre o que pasou en realidade, ou sobre o que pasaba coas nosas Caixas de Aforro, o pobo galego merece a verdade, merece unha explicación exaustiva. E ó primeiro que lle corresponde facela é o Presidente da Xunta, tamén o Parlamento Galego e ós partidos políticos que nel teñen representación. Tamén ós sindicatos, os dirixentes da Caixa, ó Banco de España, e incluso as organizacións de consumidores e usuarios. Tamén claro está, a Prensa e os medios de comunicación galegos, tal vez demasiado mediatizados politicamente, ou incluso relacionados economicamente coas entidades afectadas. O que non vale nin é de recibo é o tratar de esquecer ou “tapar” o que pasou en realidade para “mirar al futuro que es lo que importa”, por que esa precisamente é unha das principais causas dos nosos males.

XESUS MOSQUERA
9 de Setembro 2011

1 comentario:

L. de Guereñu Polán dijo...

Grave error, de González y del que le siguió (que no quiero ni nombrar) en deshacerse de una banca pública. Véase el ejemplo de Dakota del Norte, en un país capitalista por excelencia, donde una banca pública garantiza el mercado financiero dentro de su propio estado. La tasa de paro en dicho estado es del 3% y los indicadores económicos, envidiables. Es decir, no hace falta hacer la revolución para que las cosas funcionesn. Lo que hace falta es disciplinar a ciertos especuladores y usureros (que tienen mucha fuerza, no lo niego) y hay que hacerlo no solo en un país, sino en la U.E., pero no contemos para ello con los dirigentes de los tres países más ricos de la misma.