viernes, 23 de septiembre de 2011

POR QUE ESTE GRAVE FRAUDE LABORAL, FISCAL E SOCIAL DA BANCA EN GALICIA?

A Federación de Servizos da UGT de Galicia a través do Boletín “Galicia Laboral” publica hoxe un informe denunciando que “as entidades bancarias están deixando de pagar en Galicia case 19 millóns de euros en horas extras e defraudando a Seguridade Social e a Facenda Pública o non declaralas nin cotizar por elas”. Sinala tamén o dito informe que dende o comezo da crise lévanse pechado 111 oficinas bancarias, e o número de traballadores no sector reduciuse en mais dun 12%.
Entre o 75 e o 80 por cento dos traballadores da banca en Galicia, e dicir uns 4.500, realizan a diario horas extraordinarias non recoñecidas nin retribuídas como tales. Segundo o mencionado informe isto supón para os bancos un aforro estimado de 18.900.000 euros o ano.
Das 1.300 oficinas bancarias e 7.000 empregados existentes en Galicia no ano 2007, pasamos a 1.189 oficinas e 6.100 traballadores neste ano 2011. Esta redución de oficinas e persoal vai acompañada lamentablemente de menos servizos os cidadáns e dunha crecente limitación do crédito as familias, as pequenas e medianas empresas e os autónomos, imposibilitando así a mellora do consumo e a recuperación da economía. Fronte a esta realidade, as entidades bancarias seguen presumindo de considerables beneficios, e altísimas retribucións das súas cúpulas dirixentes.
As consecuencias deste situación son moi graves para a economía e para o pais. Estamos diante dun fraude fiscal escandaloso, que se engade o feito das actividades opacas en paraísos fiscais nos que operan tódalas entidades bancarias sen excepción. Outro fraude permanente e de enorme dimensión prodúcese coa Seguridade Social por parte dun sector como o da banca que está a cabeza na utilización xeneralizada das custosísimas prexubilacións que logo, cinicamente, os gabinetes de estudos e fundacións dependentes destes mesmos bancos, piden prohibir a par de reclamar o retraso da idade de xubilación para asegurar a “viabilidade do sistema”. Estanse substituíndo postos de traballo por horas extraordinarias nun momento en que o emprego e unha prioridade social absoluta, unha verdadeira emerxencia nacional.
¿Por qué este fraude descomunal coa que está caendo? Por un lado é sorprendente que non actúe a Inspección de Traballo. Por outro me temo que existe un alto grao de complicidade por parte dos traballadores que se ven recompensados con primas diversas polo feito de completar a xornada ordinaria realizada pola mañá, con horas pola tarde coas oficinas pechadas cara o público. Por iso este informe da Federación de Servizos da UGT adquire un valor singular o expor uns feitos que todos coñecen pero ninguén se atreve a denunciar abertamente.
Convén recordar que sobre a Inspección de Traballo ten competencias a Xunta de Galicia, polo que tamén resulta estraña a súa total inoperancia no tema. Sen embargo, e curioso ver como hoxe, o Conselleiro da Presidencia presume de reducir as horas sindicais dos representantes dos empregados públicos disque para aforrarse 4 millóns de euros con este novo recorte de dereitos. Deste outro fraude de 19 millóns parece non saber nada, pese a que de corrixirse axudaría ademais a crear un numero importante de postos de traballo.
Parece como se diante da banca as autoridades políticas se encolleran e miraran para outro lado. Tamén se constata que as virtudes cívicas non parecen condición nin dos bancos nin dos banqueiros, senón todo o contrario.
XESUS MOSQUERA
23 de Setembro de 2011









PO

2 comentarios:

LOIS DO DEZA dijo...

Ou sexa que os bancos están abertos pola mañá en xornada continua de 8 a 3, pero logo, pola tarde, traballan de portas adentro, facendo miles de horas extra que no declaran. Pero isto non é so en Galicia senón en todo o resto do Estado, de maneira que o fraude é descomunal. Así nos vai ...

L. de Guereñu Polán dijo...

Después de haber visto lo que hicieron los dirigentes de la banca gallega ya me creo todo.