domingo, 2 de septiembre de 2012

Que eu me entere

Leo que hai en Galicia un partido chamado Máis Galiza, outro chamado Acción Galega, outro Espazo Ecosocialista... e todos eles están máis ou menos integrados na coalición Compromiso por Galiza. Se Castelao erguese a cabeza! Ahi outro partido en Galicia chamado Anova que é partidario de ir en coalición con Esquerda Unida (este último, o único non nacionalista dos citados). Os demáis rexeitan a posibilidade de concurrir ás elecións vindeiras con Esquerda Unida, que é partidaria de presentar unha fronte "anticapitalista". Esto último (non o de "fronte") é o que máis me gusta de todo. 

Ante tal fracionamento non me extraña que os de sempre estean ledos: refírome os do Partido Popular, que controlan case todas as Deputacións provinciais, a maior parte dos Concellos, cámaras, asociacións, clubes de fútbol, confrarías e mil mandangas máis. Hai outros partidos ou coalicións respectables, pero ímolos deixar por agora. 

No medio está o Partido Socialista, que por fortuna non conta nos plans de aquela morea de grupos nacionalistas nin por suposto nos do Partido Popular. Esta inercia debería ser mantida polos socialistas, presentándose ante a sociedade como un partido cohesionado e autónomo, reivindicando a memoria do moito que o socialismo ten feito por España e polas súas clases máis necesitadas. 

Paréceme curiosa e contraditoria a pretensión dalgúns dos grupiños nacionalistas cando din non estar dispostos a compromisos con organizacións que non sexan "xenuinamente galegas": ignoran a existencia de Galeuzca... aparte de que o máis xenuíno de Galicia que se me ven á cabeza é o Partido Popular, que está ata nos poros do país... Cousas veredes!

L. de Guereñu Polán.

No hay comentarios: