viernes, 21 de diciembre de 2012

A CRISE DA SOCIALDEMOCRACIA (e VI)


En capítulos anteriores reflectín como a resposta socio-liberal da socialdemocracia a mundialización financeira e as súas crises sistémicas          –como a actual crise das débedas soberanas- era unha das principais razóns do seu declive. A realidade destes últimas décadas mostra a unha socialdemocracia incapaz de defenderen con firmeza ao emprego e ao estado de benestar e á mesma democracia dos ataques neoliberais. Tampouco parece ser quen de daren unha resposta convincente a novas crises como a medioambiental e a alimentaria. Crises tódalas elas que teñen unha dimensión internacional, diría que planetaria, polo que esixen propostas a ese nivel ou cando menos a nivel rexional –Unión Europea, por exemplo- algo que a socialdemocracia non parece quen de ofrecer.

En capítulos anteriores (III) tamén reflectín cales eran as características mais relevantes da mundialización, a nova e actual fase de desenrolo capitalista. Unha mundialización que si inicialmente tiña tres piares fundamentais –financeiro, comercial e político-militar- tamén adoptaba unha clara senda neoliberal ao apoiarse en tres liberdades: a liberdade de circulación de capitais, a liberdade de investimento e a liberdade de comercio. Tres liberdades que lle permiten aos chamados “mercados” –maiormente financeiros, especulativos- impoñer aos gobernos e parlamentos a súa propia lei: algo que agora está sucedendo no seo dos países da Unión Europea e moi especialmente no países europeos periféricos –España, Grecia, Irlanda, Portugal..-.

Unha mundialización neoliberal que, apoiada nesas tres liberdades, impón a total liberalización e desregulamentación das finanzas que favorece tanto unha presencia cada vez maior das operacións financeiras –maiormente especulativas- como un crecente protagonismo dos paraísos fiscais, a liberalización dos intercambios comerciais –que marxina e explota aos países e pobos do terceiro mundo-, o crecemento das empresas multinacionais –que favorece a deslocalización empresarial- e a concentración do capital nunhas poucas empresas oligopolistas entre outros fenómenos non menos relevantes.

Unha mundialización neoliberal que fronte as crises sistémicas                    -maiormente reflectidas en “crises da débeda”- impón aos países afectados       –con maior intensidade si son periféricos- duras políticas de axuste fiscal con brutais recortes no gasto público e durísimas reformar laborais.

Unha mundialización neoliberal que, xa que logo, supera aos estados nacionais facendo ineficaz a resposta tradicional da socialdemocracia a nivel  exclusivamente estatal. Unha mundialización que esixe, como dicía, respostas a nivel internacional pero tamén respostas novas –por seren novos os problemas- por parte de calquera proposta que queira seren alternativa. Algo que, como estamos a veren, a actual socialdemocracia –e polas razóns xa apuntadas- non é quen de presentar o que trae aparellada a súa crise de identidade: crise que algúns consideramos imposible de resolver sen cambios profundos tanto nas súas estratexias como nas súas formas de funcionamento e de conexión con a sociedade civil como –absolutamente necesario- de artellamento internacional.

 

En próximos artigos escribirei sobre algunhas propostas de esquerdas.

Manoel Barbeitos Alcantara

No hay comentarios: