martes, 29 de enero de 2013

Dende un “cadaver laboral” á sra. Fátima Báñez: carta dende a ultratumba

 
Teño trinta e oito anos e son un parado de longa duración, iso sumado a que a miña actividade previa, xa van máis de tres anos, era a de bolseiro, convérteme no que dou chamado “cadaver laboral”. Ninguén vai a contrartarme cos anos que teño sen experiencia previa, seino... ¿cál pode selo meu futuro?. Nen o INEM nen a ETT son quen de atoparme algo, e alí onde entrego os curricula son rexeitados por dous motivos: demasiada idade e pouca experiencia. Gostaríame ir ao “super” e mercar un kilo de experiencia, pero... non é así.
 
Dende aquí lle quero dirixir a sra. ministra Fátima Báñez e a caterva de “lumbreras” do executivo unha pregunta: ¿non se dan de conta que os que traballan son sempre os mesmos?, uns de xeito indefinido e outros de xeito intermitente, pero hai un sector, no cal me inclúo, que non ten traballo nen posibilidades de atopalo. Eu cada vez terei máis anos e os que logran traballar de xeito intermitente cada vez terán máis experiencia, e a fenda aberta entre eu e eles será cada vez maior en cada entrevista -fraudulenta- a cal me presente. Agora mesmo acabo de ter unha entrevista para unha bolsa nunha biblioteca que finalmente foi adxudicada á persoa que xa estaba alí antes, sinxelamente... enganaron as máis de trinta persoas que foron a esa entrevista.
 
Eu teño un diagnóstico e un remedio; en canto o diagnóstico, é de notar que o INEM é un organismo inoperante, xa que a día de hoxe apenas chegan ofertas de traballo a súa mesa... ¿a razón?, a proliferación masiva de departamentos de “recursos humanos”, tanto públicos como privados, cas consabidas políticas discriminatorias. Se digo que habería que ilegalizar a todos eles e que dende un INEM fortalecido se impuxera á xente que tiveran que contratar en cada caso, empezando polos parados de longa duración, poderíase alegar que é “anticonstitucional”, pero o que é realmente anticonstitucional é que a xente non teña traballo.
 
Se o paro é unha lacra ca cal temos que cargar, xa que España non é quen de xenerar postos de traballo, pois o que hai que facer é repartir de xeito equitativo esa lacra, en troques de que os de sempre teñan traballo a costa de quitarlle oportunidades ao resto. E non valen bolsas de emprego para mozos e mozas en plan “paternalista” como fai o sr. Rafael Louzán, xa que os parados de longa duración xa non son mozos. ¿Qué queren que fagamos?, no meu caso, aínda que comece a traballar de xeito indefinido mañá mesmo, non podería garantizarme unha pensión normal.
 
Señores políticos, o Altísimo danos unha única vida e vostedes ca súa inoperancia e fixación nos intereses persoais e de partido nola rouban de xeito miserable. Sra. Fátima Báñez e demais membros do executivo, se son incapaces de acabar co principal problema deste país: “os parados de longa duración”, entón... recoñezan que mentiron, recollan os petates e márchense.
 
Xerardo Torrado Agulla
(parado de longa duración)

No hay comentarios: