miércoles, 27 de marzo de 2013

A cidade da cultura

O monte Gaiás antes do enxendro
Vaia por diante que a verdadeira cidada da cultura, se algunha merece tal título en Galicia, é Santiago de Compostela, non o enxendro que teimou o xa falecido señor Fraga, pode que por ver se así quedaba inmortalizado. Pero xa sabemos que ninguén pode quedar inmortalizado, pois ata os máis notorios persoeiros da historia, chega un momento en que son esquecidos, aínda que sexa pasaxeiramente. Canto máis o vello expresidente da Xunta, que antes serviu a un réxime criminal...

O Gaiás, que así se coñece o enxendro polo monte en que está ubicado, tense levado cantidades tan descomunais de recursos que non é prudente dar dato algún sobre os mesmos. O que si sabemos é que moitas necesidades urxentes, de tipo social, cultural, infraestruturas, obrigas financieiras, etc. quedaron relegadas polo empeño en manter unha obra a todas luces innecesaria, porque se algunha cidade de Galicia ten cubertas as súas necesidades de infraestructura cultural, esa é Santiago de Compostela.

Digo que é Santiago a verdadeira cidade da cultura pola súa Universidade, polos seus arquivos e museos, pola súa actividade teatral, científica, congresual, etc. que semana a semana se produce na capital de Galicia. Inventarse unha "cidade da cultura" non só en un insulto o moito que se ven feito por uns e outros, senón un desprezo polos recuros que aportamos todos los galegos (e non galegos) para o mantemento do país.

O expresidente Touriño, que nada ten que ver co xa mencionado señor Fraga, non foi quen de paralizar as obras do enxendro, e agora o Presidente Feijoo dí que o fará, aínda que teño para mín que é un xesto que pronto se rectificará, a pouco que uns "brotes verdes" asomen por calquera lado, porque os compromisos do Partido Popular co arquitecto e demais persoal que se ten levado xa unha morea de cartos, ademais das empresas contratadas e subcontratadas, farán presión para que así sexa.

A cidadanía galega debera -na miña opinión- opoñerse á continuación do enxendro. Debería esixir que quedase como está -adaptado minimamente- para os fins que se elixan; para o cal debe consultarse coa Universidade, coas asociacións cívicas, con Consello da Cultura, coa Real Academia Galega da Lingua e con todo aquel que mostre interés por aproveitar unha infraestrutura que non tiña por que ser enxendro, pois como creación plástica ten o seu interés, pero que é un enxendro polo dispendio, burla e escarnio que representa para todos os galegos.
L. de Guereñu Polán.

No hay comentarios: