lunes, 25 de marzo de 2013

ALGO PERSOAL (IV)

Entre estes tipos i eu hai algo persoal”...........(J.M. Serrat)

 

A chamada troica (FMI, BCE e CE) que, como reflectín en textos anteriores, reclama austeridade aos demais pero non a aplica así mesma, ten adquirido en Europa un poder enorme. Un poder que, nembargantes, carece da necesaria lexitimidade democrática –os seus directivos non son elixidos por votación popular- así como do imprescindible control político –non responden dos seus actos diante de ningún goberno ou parlamento nacional-. O seu poder é delegado: os gobernos europeos foron voluntariamente cedendo soberanía a prol da troica que se converteu deste xeito na real “gobernadora” da Unión Europea.

Un goberno (a troica) que, apoiado polas autoridades alemanas, defende os intereses da banca europea e dos grandes monopolios. Un goberno que –como se reflicte diariamente- está provocando uns dor e sufrimento enormes ás clases populares dos países europeos periféricos (Grecia, Portugal, España...) por mor da imposición de políticas de duro axuste fiscal e de desregulación dos mercados laborais. Unhas políticas neoliberais que afunden a estes países na recesión económica –coase depresión-, derruban os xa fráxiles estados de benestar, disparan o desemprego e a exclusión social e incrementan desmesuradamente as desigualdades sociais.

Pero hai que dicir, con claridade, que este inmenso poder acumulado é froito da cesión voluntaria dos gobernos europeos. Uns gobernos europeos nos que se alternaron socialdemócratas e conservadores sen que houbera posicións moi dispares en canto a esta progresiva cesión de soberanía nacional. Si os países europeos periféricos (Grecia, Portugal, España) están agora baixo o poder da troica é tanto por mor dos enormes erros na política económica dos seus gobernos respectivos –socialdemócratas antes, conservadores agora- como pola voluntaria participación deses gobernos na construcción dun sistema de poder europeo (UEM) que “era unha auténtica trampa” para os países europeos mais débiles.

Que a troica teña agora competencias coase plenas en materias tan importantes e decisivas para o crecemento económico e a creación de emprego como son as políticas fiscal, monetaria e comercial –por exemplo-, que deberan pertencer a gobernos elixidos por votación popular i estar baixo o control de parlamentos democráticos, é froito de acordos gobernamentais adoptados polas autoridades nacionais dos países membros da zona euro da UE sen que, de ningures, se escoitaran apeas voces críticas con esta cesión de soberanía e as poucas que houbo foron sistematicamente silenciadas tanto polas autoridades nacionais, como polos poderes económicos e os seus alabardeiros mediatices –que son unha inmensa maioría dos medios de comunicación e opinión-.

En sucesivas colaboracións tentarei de explicar como se foi producindo esa “delegación de soberanía” dos estados europeos a prol da troica, en que consiste a “trampa” na que se atopan os países europeos periféricos, no “por que” a troica defende duras políticas de axuste fiscal e de desregulamentación laboral e como, si “hai alternativas” a estas políticas.

 

Manoel Barbeitos Alcántara

1 comentario:

FUNDACIÓN LUÍS TILVE dijo...

Creo que el FMI se ha desnaturalizado respecto de cuando se creó. Que la Comisión Europea, más que por políticos, está formada por burócratas al dictado de los grandes intereses económicos (con alguna excepción que, en el mejor de los casos, anda despistado/a). El caso del Banco Central Europeo, como ya han demostrado quienes más saben, es la expresión de la banca alemana. Desde una perspectiva socialista -creo yo- habría que cuestionar muchas cosas de la U.E. y del papel de los socialistas en las instituciones internacionales.