jueves, 13 de junio de 2013

GOBERNOS ILEXITIMOS, GOBERNANTES MENTIREIROS (V: ensino)


As mentiras dos presidentes Mariano Rajoy, Alberto N. Feijoo e o seu partido (PP) non deixarían de seren mais que eso –trolas, embustes, mentiras- senón tiveran gravísimos efectos sobre o benestar, a saúde, a formación, a vida.... de millóns de galegos i españois. Senón estiveran precedidas por promesas de goberno -compromisos cos electores- totalmente distintas, incluso antagónicas, coas medidas que agora están tomando. Medidas que, digan o que digan, estaban xa previstas pero que non foron anunciadas na campaña electoral por que sabían que así non terían ganado as eleccións. Medidas que respostan a un interese de clase pois defenden os intereses dos españois das clases de rendas altas              –banqueiros, constructores, oligopolios e grandes empresas- en contra dos intereses da maioría, das clases de rendas medias e baixas, das clases populares.

Unha das expresións mais salientables de este interese de clase é a política educativa. A contrarreforma educativa que, pilotada polo inefable Ministro de educación sr. José Ignacio Wert e a súa Lomce (Lei orgánica de mejora de la calidad educativa), están levando adiante os gobernos de España, e Galicia –no que a nos afecta-, é unha das expresións políticas mais paradigmáticas dun interese de clase, das clases de rendas altas que, no caso español, contan co inestimable apoio da igrexa católica e o seu lobby educativo. Unha contrarreforma que nos retrotrae aos anos 60 do século pasado cando para os fillos dos ricos era moi fácil estudiar –e case sempre obtiñan as “mellores notas”- mentres que os fillos das clases populares tiñamos moitas mais dificultades –eramos “menos listos”-.

Aínda que son abondosos os datos que demostran como a política educativa do PP vai supor un enorme deterioro do ensino público do que se vai beneficiar o ensino privado, basta con deterse nuns poucos aspectos para entender que ese deterioro é innegable.

En primeiro lugar o ensino publico recibe un recorte no gasto (“axuste”) sen precedentes históricos, nin inmediatos nin afastados. Un recorte no gasto que, de ningures está xustificado: o estado español xa era, entre os estados da UE do noso nivel de riqueza, un dos que menos gasto público –Estado español: 4,3% do PIB, media na UE 27: 5,4%, Francia: 5,9%, Alemana: 5,1%, Gran Bretaña: 5,7%- destinaba ao ensino público antes da contrarreforma. Agora a distancia cos países do noso entorno será maior por mor dun ensino público moito mais precario.

Un recorte no gasto que supón unha drástica reducción do profesorado no ensino público –en Galicia mais de 1.200-. Deste xeito se a rateo alumnos/profesor no Estado español (10,4) ocupaba unha posición intermedia –unha rateo moderada/baixa- agora elevarase o que, sen xénero de dúbidas, repercutirá negativamente na calidade do ensino. Unha reducción que, de ningures, está xustificada senón é por criterios ideolóxicos e de primar ao ensino privado.

Un recorte no gasto que supón a reducción (cando non a práctica eliminación) dunha serie de transferencias que beneficiaban maiormente as familias de rendas medias e baixas moitas das cales teñen moitas dificultades        –mais agora coa crise e o desemprego desenfreados- para enviar aos seus fillos a escola/colexio: axudas para a adquisición de libros de textos, becas (copago) para os comedores escolares,...

Un recorte no gasto público que se quere “compensar” co pago obrigatorio de matrículas e a diminución do xa reducido número de becas (34% dos alumnos). Estes recortes, xunto coa carreira de obstáculos que supoñen as numerosas probas selectivas –reválidas- vai a limitar aínda mais o acceso aos estudios universitarios nun estado (España) que ten unha das taxas de graduación universitaria (30%) mais baixa entre os países da UE 25 ( 40%).

Un recorte no gasto destinado ao ensino público que se acompaña –substitúe- por un incremento no gasto en concertacións co ensino privado. Un recorte que inclinará aínda mais a balanza a prol do ensino privado nun Estado (España) onde a porcentaxe de alumnos no ensino público está moi por baixo da media na UE (España: primaria 68,7%, secundaria 68,1%; UE 27: primaria 91,5%, secundaria 88,2%), en beneficio do ensino privado concertado.

 Un ensino privado, por outra parte, maiormente en mans da igrexa católica (liderados polos centros do OPUS). Utilizase, deste xeito, diñeiro público para fomentar unha dobre discriminación: centro privado/centro público, centro laico/centro relixioso (católico). Un incremento do gasto co que o goberno do Partido popular (PP) paga “favores” a Conferencia episcopal e a súa secta.

Un recorte no gasto que se acompaña de decisións ideolóxicas claramente “reaccionarias” como é a concertación con centros privados que separan aos alumnos por razón de xénero. Tan reaccionarias que ata reciben o rexeite de autoridades xudiciais tan conservadoras como as españolas: o TSXG ven de invalidar os concertos da Xunta de Galicia con unha serie de centros que separan aos alumnos por razón de xénero

Finalmente a xa citada Lomce (Lei orgánica de mejora de la calidad educativa) espide un “tufo” nacional-catolicista de ingrato recordo para moitos de nos: a “recuperación” da relixión –a católica, por suposto- como disciplina en tódalas etapas (Art. 8, Art.24, Art.36. Organización.., Art. 80. Ensino da Relixión...) substituíndo a educación para a cidadanía, a imposición da lingua “castelán” como preferente en todo o Estado (Art. 8. Organización, Art. 10.5. Avaliación durante a etapa. Art. 14..., Art. 88...) en prexuízo das linguas autóctonas, a centralización educativa (Art. 6. bis. Distribución de competencias..) que cerna as competencias das autonomías...

O PP é consciente de que un ensino público universal, como demostran múltiples experiencias europeas, é un instrumento de igualdade cidadán, de democracia e de liberdade. Os países europeos que apostan con firmeza polo ensino público aparecen en tódolos informes, estudios, memorias,... como os mais avanzados tanto dende o punto de vista do desenrolo económico, como social, cultural, político e da igualdade. Algo que, claro está, de ningures quere o Partido Popular para quen as diferencias de clase –sempre en beneficio das clases de rendas altas- son algo “natural” e que, xa que logo, hai que potenciar. Pura ideoloxía “neofranquista”, puros vellos e bastardos “intereses de clase”.

Unha ideoloxía e uns intereses de clase que tanto Mariano Rajoy como Alberto N. Feijoo non son quen de defender publicamente -p.e. nas campañas electorais- preferindo a mentira e o engano. Actitudes propias de políticos mentireiros que dirixen gobernos ilexítimos: gobernos que executan uns programas diferentes aos presentados nas campañas electorais.

 

Manoel Barbeitos Alcántara

No hay comentarios: