jueves, 1 de mayo de 2014

EPA Galicia ANÁLISE 01 - 05 - 2014



Si a realidade non se adapta ás previsións, é que está errada. Así o enuncia coa solemnidade vacua que o caracteriza, o Presidente Feijoo. Onte en relación coa EPA, os peores datos da historia de Galicia, onde aduce que está mal, que é incorrecta, que non mide.... o que Feijoo decide que debe medir. Hai días era o Padrón, aproveitando para explicar cunha levedade insultante para a intelixencia, como debe interpretarse.

 
Nesa labor, titánica, de cambiar o mundo real,  digna dos herois mitolóxicos, non está só. A meirande parte dos medios de comunicación galegos, escritos, silenciaron o dato histórico da EPA, resaltando algun  dato, como os cen mil fogares con todolos seus membros en paro, pero evitando suliñar que a cifra histórica de parados cuestiona o conxunto da política popular.
 

Asistimos ó manual de comunicación popular. O Goberno central, incurso na mesma situación, fala da creación futura de emprego para evitar dar conta dos resultados do último bienio. Promesas etéreas pero nunca recoñecementos de fracasos e sobre todo modificacións nas políticas. Mesmo no Plan de Estabilidade remitido a Bruxelas, sen debate político previo, se anuncian novos recortes no sector público e polo tanto nas prestacións sociais.

 
En Galicia, Feijoo proclama un novo plan de solo industrial, cando existen varios millóns de metros cadrados dispoñibles e a Xunta non quere facilitar o acceso das empresas en condicións acordes co mercado actual, para non destapar a quebra financiera das entidades xestoras do solo.
José Luis Méndez Romeu
Portavoz PSdG-PSOE
 

No hay comentarios: