lunes, 1 de diciembre de 2014

AS RAICEIRAS DOS POPULISMOS

A irrupción de Podemos como grupo político con perspectivas de resultados óptimos, é a consecuencia de varios factores, derivados casi todos do momento político aos que se engaden estratexias mediáticas.

Para contextualizar axeitadamente os datos, compre lembrar os precedentes de moitos outros países nos que a crítica ó modelo político vixente, ós seus límites, á corrupción, etc, ten provocado cambios políticos importantes: Arxentina, Ucraina, Grecia, Ecuador, etc.

Centrándonos na Unión Europea, os últimos datos dispoñibles sobre resultados electorais e ascenso de partidos populistas, aparecen na seguinte Táboa:

Tabla 1. Porcentaje de voto obtenido en las últimas elecciones parlamentarias
Partido
Votos
Lista Pym Fortuin y Partido por la Libertad (Geert Wilders (PVV) (Países Bajos)
17% (2002); 6% (2006); 15% (2010, PVV)
Partido Liberal Austríaco
27% (1999); 10% (2002); 11% (2006); 17,5% (2008)
Bloque Flamenco Belga
12% (24% en Flandes) (2003); 12% (2007); 8% (2010, Vlaans Belang)
Partido Popular Danés
12% (2001); 13% (2005); 14% (2007); 12% (2011)
Partido del Progreso Noruego
15% (2001); 22% (2005); 23% (2009)
Demócratas de Suecia
3% (2010); 6% (2010)
Auténticos Finlandeses
2% (2003); 4% (2007); 19% (2011)
Frente Nacional (Francia) [1]
17% (2002); 10% (2007); 18% (2012)
Partido Nacional Británico
0,7% (2005); 2% (2010)
Partido del Pueblo Suizo
(23%)1999; 27% (2003); 29% (2007); 27% (2011)
Fuente: elaboración propia y http://electionresources.org.


Enquisas da Unión indican que en 17 países dos 28 membros, a percepción da corrupción é sinalada polo 75% da poboación, mentras que só en catro países esa percepción baixa do 50%. Nese caldo de cultivo medran a desafección, os movimentos anti-sistema (democrático) e os novos tipos de partido político, aén da inhibición, deslexitimación das institucións, etc.

Tradicionalmente esos movimentos populistas foron alcumados como de extrema dereita pero a imaxe desta remite a un imaxinario (autoritarismo, represión da oposición, violencia institucional) que non se corresponde coas novas realidades. Como indica a táboa anterior, existen xa movimentos representativos electoralmente que sobardan esas etiquetas para aludir a un conxunto de problemas tradicionalmente menosprezados polos partidos clásicos: inmigración, interculturalismo, paro, marxinación.

Ata agora a resposta dos partidos clásicos foi aillar nas institucións a esas formacións. Máis esa actitude non minora o seu apoio electoral por canto os seus electores non agardan que gobernen sinon que sexan o revulsivo dunha situación percibida como desesperanzadora, sen alternativas creíbles.

Ainda así, os resultados desas formacións están modificando xa a a axenda política dos diferentes países. Exemplos serían o novo discurso sobre a inmigración que predican Cameron no Reino Unido ou Suiza ou o vendaval que está provocando Podemos en España. A idea de fondo, común a todolos novos partidos é a incapacidade do eixo dereita-esquerda para resolver a crise, pois ambas serían debedoras da política tecnocrática e globalizadora que defende a Unión Europea en connivencia cos mercados de capitais.

De xeito máis inmediato, a captación masiva de voto de formacións como Podemos, vai parella co medo a perder un modo de vida da clase media, da seguranza no traballo, do valor da formación. Por primeira vez en moitos anos, un traballo non evita a pobreza, pois os salarios son menguantes e os contratos temporais. As novas xeneracións deben vivir peor que as xeneracións dos seus pais. Joan Juaristi denomina burguerses a esas novas capas sociais de xente con elevada formación, baixas perspectivas laborais e salariais e consumo elevado. Son a base social de Podemos.

Cunha sociedade civil feble, un tecido asociativo pobre e medios de comunicación moi polarizados políticamente, o novo partido xoga na ambigüedade cómoda. O respaldo expreso dalgunhas canles de televisión e os intereses do partido maioritario, coinciden neste caso. É a esquerda quen entra en crise de redistribución do voto mentras a dereita sube ou baixa pero non se fracciona.

Xen dúbida compre unha axenda reformista. Do funcionamento dos partidos políticos e do seu financiamento, da lei electoral, da transparencia e rendición de contas, da colonización da administración e dos órganos reguladores pola política, e sobre todo de impulso dunha cultura da integridade. Reformar a Constitución pode ser a consecuencia desa axenda reformista, non a única solución.

Difícilmente os novos movimentos políticos abordarán esas reformas. Na sua ambigüedade calculada levan o xerme da parálise. É tempo de construir acordos máis que tempo de xestos, de aunar vontades distintas na percura de obxectivos de longo prazo. Lamentablemente os discursos que escoitamos están demasiado preocupados polos titulares mediáticos do día seguinte. Como ten ocurrido moitas veces na historia, estamos paralisados mentras cheganos bárbaros.

José Luís Mendez Romeu

No hay comentarios: