viernes, 12 de diciembre de 2014

El cazador de elefantes

Antonio Elorza ten escrito (14 de abril de 2014) que segundo Santiago Carrillo, había unha trama política, impulsada polo Rei, para un goberno de concentración. (...) O informe de 26 de marzo de 1981 a Helmuth Schmidt do embaixador alemán... sinalado por EL PAIS, segundo o cal o Rei, sobre o golpe: 1) non se mostrou contrario os seus protagonistas: "é máis, mostrou comprensión, cando non simpatía"; 2) "Os cabecillas -dixo- só pretendían o que todos desexábamos": orden; 3) Aconsellara reiteradamente a Suárez "que atendera ós plantexamentos dos militares; ata que estes decidiron actuar pola súa conta". O relato de Carrillo a García Montero e Lagunereo cerra o círculo: existira unha trama política, impulsada polo rei, para un goberno de concentración presidido por Armada (presión rexia para traelo a Madrid), e aínda cando o Rei preferise a solución Calvo-Sotelo o dimitir Suárez, Armada ensaiou o golpe, que facasou por Tejero. O constitucionalismo do Rei ante TVE e os capitáns xenerais foi claro; a súa actuación precedente, cuestionable, como Rei que quixo indebidamente reinar, en medio do "ruido de sables".

A noite en que o rei Juan Carlos de Borbón parou o golpe de Estado coa súa comparecencia en televisión, non fixo outra cousa senón cumplir co seu deber legal, o cal é de agradecer non obstante, pero a monarquía española, en xeral, ten sido máis unha rémora que un factor de progreso. 

O citado rei, a pesar de ter sido formado durante a ditadura e polos esbirros do ditador, probablente ten certas conviccións democráticas, algo que non tiña o seu pai, segundo ten demostrado o historiador Javier Tusell, nin o seu avó, o rei Alfonso XIII, que autorizou un golpe de estado en setembro de 1923 para prolongar un estado de cousas que non arranxou cos graves problemas do país; tamén para evitar que un informe parlamentario, levado a cado polo deputado Picaso, revelara as responsabilidades do rei nos desastres militares -que custaron moitas vidas- no norte de África. 

Noutro orden de cousas, a casa real non ten dado precisamente exemplo de honradez nos comportamentos de varios dos seus membros: o propio rei Juan Carlos de Borbón viuse na necesidade de pedir perdón por dedicar parte do seu tempo o que non debía, así como unha das súas fillas enriqueceuse a costa de caudais públicos xunto co seu esposo. O de menos aquí é se será xulgada, condenada ou exculpada: o convencemento moral da cidadanía -creo interpretar- é que delinquiu gravemente, como así o fixeron os seus socios. 

O rei Alfonso XIII, cando se exiliou de España en 1931, levouse consigo unha riqueza da que nunca se aclarou a súa licitude. En realidade non hai rei que non poña a salvo os caudais necesarios para levar unha vida relaxada en caso de perder a coroa. Iso mesmo debeu pensar Alfonso XIII, como a súa aboa Isabel II e a rexente María Cristina de Borbón, que desde o exterior conspiraría para poñer todas as dificultades á democratización de España, conseguíndoo coa inestimable colaboración de dirixentes políticos no interior.

A monarquía é unha institución que leva consigo unha certa sacralización das persoas que a encarnan. O mesmo artigo 56º.3 da Constitución española vixente, sinala que "a persoa do Rei é inviolable e non está suxeita a responsabilidade". En dito artigo, os lexisladores non matizaron que tal norma debía ser interpretada para os actos públicos ou oficiais do rei, é dicir, en tanto que tal, pero non na súa esfera privada. Porque se o rei delinque, será de aplicación este artigo? Que eu saiba non ahi intérprete constitucional que se teña pronunciado o respecto, o que debera ser tido en conta para cando se reforme a actual Constitución. 

Non sabemos o patrimonio do anteior Xefe do Estado, o rei Juan Carlos de Borbón. Porque de ser certo que o seu pai viviu na "indixencia" en Portugal, o que xa está demostrado que non é tal, cales son os bens monetarios, en valores e patrimoniais do citado ex-Xefe do Estado, a súa orixe e licitude? Por que non pode a nación sabelo? Unha persoa particular non ten por que dar conta a ninguén -salvo ás autoridades e en casos predeterminados pola lei- das súas operacións mercantís e financieiras, pero alguén que ocupou a máxima maxistratura do Estado debe estar libre de toda sospeita tamén neste materia. O feito de que a casa real, o propio "interesado", sexa renuente e incluso reacio a facilitar esa información o país, di moi pouco sobre a honorabilidade que se lle supondría.

O actual rei de España non parece interesado en poñer en cuestón un patrimonio do que -o fin e o cabo- é potencial herdeiro. Cazar elefantes, aínda durante o tempo de traballo, non é o peor que se pode facer. En cambio si é imperativo dar contas da riqueza acumulada cando esta se formou en pleno exercicio de tan alta maxistratura. 

L. de Guereñu Polán. 

No hay comentarios: