viernes, 13 de marzo de 2015

A BANCA ALEMANA: UNHA ARMA DE DESTRUCCIÓN MASIVA?


        Dende fai algúns anos, especialmente dende que estoupou a crise financeira, as elites alamanas (maiormente os banqueiros e os dirixentes políticos) non paran de dar consellos aos demais gobernos europeos, sobre o que deberan ou non deberan faceren, e incluso chegan mais aló: soltan reprimendas, broncas, regáñenas moi especialmente aos cidadáns dos países europeos periféricos polo noso “mal comportamento” causa, segundo eles, dos nosos problemas.

Dende o xa manido argumento de que “vivíamos por riba das nosas posibilidades”, ata isto de que “non facemos ben os deberes”. E póñense así mesmos –políticos, banqueiros, empresarios….- como exemplo de cómo hai que facelas cousas.

Pois ben, a realidade non é tal e como eles no la presentan ou nola queren faceren veren. Así por caso voume a referir a conduta dunha das institucións alamanas “mais respetadas” e tamén “mais poderosas”: o Deutsche Bank. Un banco privado adalide do austericidio que con tanto rigor quere aplicar a troica (BCE, FMI e CE) nos países europeos periféricos. Un banco privado cuxo comportamento financeiro –xunto ao doutros grandes bancos europeos- fai que, nembargante, algúns pensemos que a Unión Europea conta no seu interior con auténticas armas de destrución masiva que de estoupar a vítima principal pode que sexa a propia UE. Motivos para este temor hainos polo que ben faría esa elite alamana en coidar mellor a súa propia casa antes de meterse na dos veciños.

Como xa dixemos noutro texto o Deutsche Bank –“un banco universal”- é un dos bancos mais grades do mundo si nos fixamos nos seus balances (coñecidos). Segundo os datos mais fiables o valor dos seus activos equivale ao 85% do PIB alemán –moi por riba dos 2 billóns de euros-: preto de 2 veces o PIB español. Como o resto dos grandes bancos a súa actividade principal é a especulación –e non a concesión de créditos a familias, pemes ou entidades públicas-. Mantén altísimos niveis de apalancamento (50%) e os seus fondos propios xiran en torno ao 2% dos seus activos –rateo de apalancamento-, polo que está sempre sorteando a creba –con ese nivel de apalancamento e con un volume de préstamos elevado, 50% do capital, entraría en creba-. Este banco (DB) ao igual que o resto de grandes bancos posúe como activos unha grande cantidade de produtos financeiros que son auténticas bombas de reloxería (alta rentabilidade/alto risco). Ao igual que o resto de grandes bancos acostuma a asumiren altos riscos por estaren convencido de que en caso de perigo o estado alemán –e a Unión Europea- acudirá sempre no seu auxilio (“too big too fall”).

Este banco ocupa un lugar privilexiado no mercado de commodities –que especulan con os alimentos e as materias primas- provocando con os seus métodos especulativos brutais escaladas nos prezos dos alimentos con  gravísimas consecuencias para os países pobres como pasou nos anos 2007 e 2008 con millóns de persoas pasando fame mentres este banco obtiña, grazas a esas subas, enormes ganancias.

O Deutsche Bank tamén intervén no mercado cambiario (15,2% do mercado) igualmente para especular: o DB foi un dos grandes bancos mundiais (15) que participou, no ano 2013, na manipulación do mercado cambiario mentres os bancos centrais facíanse os suecos –entre eles o BCE e o Bundesbank-: tal foi o escándalo que finalmente o DB sería multado pola Comisión Europea.

O relato das “aventuras financeiras” deste modélico banco -que, non debemos esquecelo, é un dos principais soportes non so da CDU e o goberno conservador alemán senón tamén do Bundesbank e, como consecuencia, do BCE eixo central da troica- daría para unha grande novela de terror. Un modélico banco que, nembargante, é obxecto constante de multas e investigacións en todo o mundo polas súas “malas prácticas” sen que nin o Bundesbank, nin o Ministerio de Facenda –e, xa que logo, o goberno alemán- fagan outra cosa que pechalos ollos.

Segundo o Financial Times –periódico pouco sospeitoso de seren inimigo dos bancos- nos derradeiros anos o Deustche Bank ten aparecido involucrado –amais das operacións xa citadas anteriormente- en operacións de manipulación dos prezos da electricidade (California), nunha montaxe fraudulenta de venta de certificados de emisións de CO2, na manipulación dos prezos de venta do ouro e a prata, en grandes operacións de evasión fiscal e de manipulación de contas, en branqueo de diñeiro (Dubay) e corrupción –con condenas de directivos- de clientes de fondos de pensións (Xapón)….

Compre deixar moi claro que o Deutsche Bank non podería desenvolver esta exemplar traxectoria sen a complicidade, ou cando menos o silencio do goberno alemán, o Bundesbank e o propio BCE. Claro que estes están moito mais preocupados polo comportamento do actual goberno grego (Syriza) do que confían “non faga promesas ilusorias que o país non se pode permitir e que continúe coas reformas estruturais que se necesitan sen poñer en cuestión o conseguido deica agora” (J. Weidman presidente do Bundesbank).

Como se pode veren a desfachatez desta elite alamana –como a súa homóloga europea- non ten límites.
 
Manoel Barbeitos

No hay comentarios: