viernes, 13 de marzo de 2015

CÓMO MALGASTAR FONDOS EUROPEOS

Hai quince meses, o Presidente da Xunta anunciaba un intercambio de estudantes galegos con Portugal, no marco da cooperación existente. Sería un programa de becas, semellante ó Érasmus, dotado con 400 euros mensuais durante un trimestre. Tamén estaban previstas axudas para estadías de profesores. O programa estaba financiado por Bruxelas con 300.000 euros,  a medio dos fondos POCTEP precisamente dirixidos a esa cooperación transfronteriza. Pouco tempo despois declaracións oficiais adiaban indefinidamente a participación de estudantes mentras.


Ata hoxe teñense realizado duas convocatorias cos mesmos criterios.Un terzo docentes, un terzo persoal de administración universitaria e o terzo restante, investigadores. Reciben unha axuda de custo para gastos de desprazamento e estancia. Con criterios clasistas. Así, docentes e administrativos reciben 800 euros por estadías de unha ou duas semanas, mentras os investigadores recibirán 600 euros mensuais ata un máximo de tres mensualidades.Cabe pensar que os investigadores viaxan a pé, pernoctan en albergarias ou se alimentan ocasionalmente. En todo caso indica a consideración que ese colectivo merece ó goberno galego. O mesmo goberno que ten creado unha Axencia de investigación na que non hai investigadores.

Conscientes da febleza do programa, non hai avaliación do resultados, nin control de calidade. Abonda presentar unha memoria para xustificar o pagamento. É difícil pensar en resultados para estadías dunha semana que, según a convocatoria,  "terán que ser congruentes co plano de investimentos da eurorrexión, producir beneficios para o desenvolvemento tecnolóxico ou a mellora da competitividade das Pemes ou da protección do medio ambiente, ou da mellora da capacidade institucional da eurorrexión". Demasiada literatura burocrática para tan cativa acción.


Lonxe de ser un mal exemplo, ese programa caracteriza unha boa parte da xestión do goberno galego. Nin os datos de crecemento económico se corresponden cos discursos, nin o funcionamento dos servizos públicos ten nada que ver coa propaganda incesante. Galicia non ten política exterior recoñecible, algo diferente dunha sucesión de viaxes oficiais sen contido e lóxicamente con mínimos resultados. A cooperación con Portugal anota máis discursos que feitos mensurables.
José Luis Mendez Romeu

No hay comentarios: