Como sucede sempre
nestes casos, e noutros parecidos, as recentemente celebradas eleccións
andaluzas son obxecto de incontables análises, avaliacións, diagnósticos….. especialmente
nos medios de comunicación e opinión. Tamén, como sempre, na maioría dos casos
parecera que cada quén fale e opine dun acontecemento diferente dos outros. E
co gallo de unirme a esa pluralidade de opinións e avaliacións aí van algunhas
lecturas políticas (rápidas) que estas eleccións andaluzas me provocan:
1º. Unha ampla
representación da cidadanía andaluza segue considerando ao PSOE como o mais
eficaz defensor dos intereses das clases baixas e medias fronte as durísimas
políticas de axuste fiscal e rebaixa salarial do PP. Seguen considerando que
“non son o mesmo o PSOE e o PP”: un dato que tanto Podemos como Izquierda Unida
deberan ter en conta.
2º. Dito o anterior, o
PSOE –e moi especialmente Susana Díaz- non debera ignorar o feito de que son
moitos mais os andaluces que non votaron ao PSOE –preferendo outras opcións políticas-
que quen o votaron: a súa esquerda sitúase un espectro moi amplo de andaluces
que non deberan seren ignorados ou menospreciados. Moito mais cando non se
conta cunha maioría absoluta que quedou algo lonxe.
3º. O “austericidio”
que con tanta saña aplica o goberno de Mariano Rajoy é amplamente rexeitado
polo pobo andalúz como así reflexa a devacle electoral do seu partido (PP). Un
rexeitamento do que Mariano Rajoy, por mor da súa forte implicación na campaña,
é un dos principais receptores.
4º. O mapa electoral
andalúz experimenta un cambio moi relevante, faise mais plural, coa forte
entrada en liza, e por vez primeira, de PODEMOS e CIUDADANOS. No caso de
PODEMOS pasar de O a 15 deputados, sen case tempo nen para elexir candidatos
nen para montar unha minima estructura, é un resultado espectacular e así
deberano entender os seus dirixentes e os demais partidos. O mesmo se pode
decir de CIUDADANOS aínda que os resultados foran mais cativos. En ámbolos dous
casos so o futuro dirá ata onde pode chegar a súa influencia que, de todas as
maneiras, é relevante e parece crecente.
5º. A devacle de IU
debera facer reflexionar aos seus dirixentes. Non hai razóns para temer pola súa
desaparición pero si aqueles deberan ter en conta varios elementos: a. A
aparición de PODEMOS estalles quitando espazo de xeito moi rápido, b. As loitas
intestinas son castigadas polos electores, c. Deben, dunha vez, clarificar
tanto o seu proxecto político como as súas posibles alianzas e mesmo a súa
forma orgánica.
6º. A pesares de teren
contado cun goberno socialdemócrata (PSOE) durante moitos anos (33), Andalucía
segue, dende o punto de visto económico e social, no furgón de cola na
clasificación das comunidades autónomas españolas segundo o seu nivel de
desenvolvemento. Un lugar que non parecera que vaia a abandonar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario