lunes, 13 de abril de 2015

IL DULCE FAR NIENTE


“Cando unha economía está débil, moi débil, hai que atacar cunha forza arrolladora” (CAIDA LIBRE. Joseph E. Stiglitz)

A analise dos actos de goberno de Alberto Nüñez Feijoo dende que este é presidente da Xunta de Galicia (abril 2009) confirma que aquel actúa mais como se fora o “consul” nunha república bananeira que o presidente de Galiza, unha comunidade europea nunha fondísima crise. Tódalas evidencias apuntan a que o goberno de Feijóo axudou a que Galiza afondara aínda mais na recesión económica ao tempo que esta se facía mais prolongada (as fontes oficiais –INE- dinos que Galicia foi a comunidade autônoma española co menor rexistro de crecemento no 2014: 0,5%). A. Núñez Feijoó colocóu a Galiza cunha débeda pública moito maior, cun sistema bancario menos eficaz e solvente, con un estado de benestar aínda mais precario, cunha economía productiva indefensa -diante dos retos presentes e futuros- ao tempo que claramente mingoante e con un número de familias no umbrá da pobreza maior que nunca xamais na democracia.
Estas evidencias confirman que a xestión de A. Núñez Feijoo, nunha mezcla de incompetencia política e ideoloxía neoliberal, pode calificarse como “il dulce far niente” fronte a grave crise financeira e global. Vexamos os feitos:
En política fiscal a xestión da Xunta de Galiza presidida por A. N. Feijoó ven marcada polo “austericidio” oficial.  Por unha parte asistimos a uns recortes sucesivos e relevantes do gasto público (un 28% total que supon un recorte de mais de 3.300 millóns de euros: non contamos as operacións financeiras) que afectan maiormente aos servizos públicos e con especial saña a atención sanitaria, o ensino e a dependencia, precisamente os servizos públicos que mais precisan as clases populares galegas. Ao tempo, e no que se refire ao financiamento estatal das autonomías, A. Nuñez Feijoó mantivo unha postura política de claro servilismo ao goberno español (PP) con consecoencias nefastas tal e como demostra o seu comportamento no CPFF (Consello de Política Fiscal e Financiera)  no que fai por caso ao reparto do déficit onde aceptou o chamado “reparto a carta” do que Galiza saíu claramente perxudicada. Ao mesmo tempo este goberno negouse dende sempre a avanzar na vía de posibles novos ingresos fiscais –mediante unha loita decidida contra a fraude fiscal, cambios nos impostos sobre o patrimonio e de sucesións no caso das grandes fortunas, revisión do imposto de sociedades, cambio nas SICAV….- para así non tocar os intereses dos galegos de rendas altas. Recortes no gasto que nembargante non foron quen de rebaixar a débeda púbica: si cando A.N.F. entrou no goberno da Xunta de Galicia a débeda pública ascendía a 4.850 millóns de euros agora está en valores moi preto dos 10.000 millóns –o doble- Todo un éxito para quen se felicita asi mesmo por gran xestor.
En política monetaria a actuación desta Xunta de Galiza foi “modélica” de tal xeito que vimos a seren a úneca comunidade autonoma entre as historicas que nos quedamos sen Caixas de Aforros cando antes tíñamos dúas (Caixa Galiza e Caixa de Vigo) que xuntas recollían non menos do 50% dos depósitos dos galegos e concedían mais do 50% dos créditos. A solución final –a compra polo venezolán Banesco- supón amais dunha grande perda patrimonial e de moitos postos de traballo que se vai producir, sen xénero de dúbidas, unha nova emigración do aforro galego ao exterior e unha maior dificultade de acceso ao crédito por parte tanto das economías familiares, como das pequenas e medianas empresas por non falar dunha crecente desconfianza cidadán no sistema bancario galego. Magnífica xestión Sr. Feijoó!. E que decir do seu comportamento diante dos desafiuzamentos –unha media diaría de 7 familias- e dos preferentistas galegos que non dan recuperado o seu diñeiro –uns 20.000-?: “il dulce far niente”.
En política de rendas seguramente que o comportamento mais mezquino e repudiable de Nuñez Feijoó e o seu goberno foi o mantido con as familias galegas pobres con fillos        -18.000 en Galiza segundo os datos mais fiables- cando chegou a negar a súa existencia      –logo  tivo que recuar diante das evidencias-: “il dolce far niente”. O mesmo en relación aos traballadores desempregados que deixaron de percibiren a prestación contributiva e os pensionistas con  pensións de miseria. Por non falar da súa indolencia para potenciar –coordinadamente coas organizacións sindicais e as asociacións de empresarios- unha política de rendas en Galiza. E a emigración dos/as mozos/as polo alto desemprego xuvenil?: “os/as mozos/as galegos/as non emigran por falta de oportunidades senón para formarse” subliña a Xunta de Galiza. Sin mais comentarios.
Finalmente, e como mostra indiscutible deste “dolce far niente” está a súa postura diante da grave crise de sectores productivos galegos relevantes: sector alimentario –a críse do sector leiteiro, as dificultades de Pescanova…-, o naval  con solucións dignas de calquera comedia bufonesca –como por caso o regalo do asteleiro Barreras a Pemex…-, automoción,  confección  textil…  O millor que se pode dicir é que a Xunta de Galiza carece dunha política industrial capaz de, cando menos, frear a constante perda de riqueza e de empregos.
Por estas razóns o balance destes cinco anos de goberno dunha Xunta de Galiza presidida por Alberto Núñez Feijoó non pode ser mais negativo: Galiza está hoxe seguramente moito pior que cando estoupou a crise e non hai evidencias de que as cousas vaian a cambiar a millor no curto e no medio prazo.
I é que o actual goberno galego amais dunha indiscutible incompetencia ignora os problemas reais de Galiza. Así, e a nivel macroeconómico, ignora que Galiza ten un gravísimo problema de demanda interna global. Unha crise tal que requeriría, como decíamos ao principio, que a Xunta de Galiza “atacara cunha forza arrebatadora” empregando políticas fiscais e monetarias expansivas que, incluso no marco actual e coas limitacións coñecidas, son posibles ou cando menos son opostas as que aplica este goberno galego que ten como estratexia política “il dolce far niente”. E así nos vai!.
Nun próximo texto tentare de explicar e xustificar, as políticas que debera teren adoptado a Xunta diante da grave crise económica en que se atopa Galiza.


Manoel Barbeitos Alcántara.

No hay comentarios: