lunes, 20 de abril de 2015

OS BENEFICIARIOS DA MUNDIALIZACIÓN NEOLIBERAL

“Cando o petróleo se encarece o prezo do combustible sobe como un foguete, pero canda baixa o prezo do combustible faino como unha pluma” (CNC)


As grandes empresas de combustibles son un claro exemplo das vantaxes que a mundialización neoliberal  ten para as mesmas. A liberalización, privatización e desregulación que impón este tipo de mundialización permitelle a estas empresas obter unhas ganancias  extraordinarias. E para demostralo tomemos por caso as tres principais petroleiras que operan en España (REPSOL, CEPSA e BP), empresas privadas que nalgún caso, e non fai moito tempo, erán públicas (REPSOL-YPF).
Como é ben sabido a doctrina neoliberal –pois deso se trata: hai que teren fé para creela- predica que a privatización, liberalización e desregulación dos servizos favorece ao consumidor xa que ademais de facilitarlle mais opcións de compra –pode elixir o producto que mais lle guste- favorece a competencia quen a súa vez provoca a caída dos prezos o que volve a favorecer aos consumidores especialmente os de rendas medias e baixas.
Pero, vexamos que sucede na realidade. Empecemos por coñecer a evolucion do precio do petróleo principal materia prima. Si durante os derradeiros anos o precio do barril de petróleo mantivouse entre os 110 e os 115 dólares, en xaneiro deste ano baixou aos 46 dólares para logo “estabilizarse” entre os 50 e os 60 dólares –a metade do prezo que tiña ata fai ben pouco!!-. Non vou agora a entrar a explicar as razóns desta baixa tan grande posto que non hai coincidencia nas distintas teses manexadas polas fontes mais solventes. Simplemente sinalar a relevancia do dato: o prezo do barril do petróleo baixou a metade.
Parecería xusto esperar –segundo o argumento neoliberal- que esta importante baixa no prezo do petroleo tivera a súa correspondente baixa no prezo dos productos derivados como por caso as gasolinas e os gasóleos favorecendo, xa que logo, ao consumidor. Pois non, non sucedeu eso: si ben é certo que os prezos destas materias primas baixaron fixerono en moitísima menor proporción que no petróleo. As gasolinas sen chumbo baixaron un 13,5% a de 95 e un 11,9% a de 98, mentres os gasóleos o fixeron un 14,8% o A e un 13,9% o A+.
A conclusión resulta evidente: digan o que digan as petroleiras –a suba dos impostos, a depreciación do euro fronte a dólar, a situación en Oriente Próximo…- a baixa no prezo do cru suponlle incluso maiores ganancias relativas. Algo que resulta posible grazas ao ferreo control que teñen sobre os prezos dos combustibles derivado tanto da súa condición de oligopolios como do seu poder de influencia no goberno español.
Que está pasando eiquí?. A resposta está nun informe da CNC (Comisión Nacional da Competencia) do ano 2009 –que dorme nalgún caixón dalgunha mesa nalgún ministerio- no que xa se facía un duro e xustificado ataque ó funcionamento do mercado español de distribución de carburantes pois se cando o petróleo se encarece  o prezo dos combustibles sobe como un foguete, cando aquel baixa estes non o fan ou fano á velocidade dunha pluma. Non resulta extraño, xa que logo, que os prezos dos combustibles  antes de impostos estean en España moi por riba dos prezos nos estados europeos da nosa contorna tales como Francia, Alemana ou Gran Bretaña.
A realidade, tal e como decía, é que a situación de oligopolio do sector –que derivou, non nos esquezamos, do proceso de privatización, desregulación e liberalización do mesmo- permitelle as principais petroleiras (REPSOL, CEPSA e BP) pactar prezos e subilos por riba do que sería a evolución normal do mercado.  Para a citada CNC esta falta de competencia no sector (oligopolista) “xunto coas estratexias dos operadores e a existencia de barreiras á entrada e á expansión nos mercados de distribución por xunto e polo miúdo ten como consecuencia unha escasa presión competitiva sobre as empresas participantes”. Escasa presión competitiva a que tamén contribúe a inhibición do goberno español –antes o PSOE agora o PP-.
O control que este oligopolio (REPSOL, CEPSA e BP) ten asemade sobre a rede polo miudo de distribución permite que se dea un maior custo de aprovisionamento de carburantes en España que na maioria dos estados da nosa contorna o que impide, ou cando menos desincentiva, a entrada de outros operadores por xunto (AGIP, GALP,SHELL, CHEVERON..) e polo miúdo minguando así a competencia.
Un oligopolio que a súa vez ten un enorme poder e influencia na actual rede de oleoductos (CLH: Compañía Loxística de Hidrocarburos que funciona en forma de monopolio) da que estan ausentes o resto de operadores (CHEVRON, ESSO…) tal que, segundo a propia CNC, da lugar a unha restricción da competencia no mercado polo bruto de carburantes.
En definitiva, e segundo co argumento da CNC, “a integración vertical” –oligopolio- “das tres empresas” –REPSOL, CEPSA e BP- “con capacidade de refino” –as tres contan con refineiras en España- “traslada a concentración na actividade de refino ó resto dos mercados: distribución polo bruto, servizos loxísticos e distribución polo miúdo”. Unha integración que se vira acentuada como consecuencia do proceso de liberalización do sector iniciado nos anos 80 (exactamente no ano 1985) nos que aquelas pasaron a seren propietarias únecas da rede de estacións de servizos (EESS) do antigo monopolio estatal.
En definitiva o proceso de liberalización do sector dos hidrocarburos rematou coa constitución dun oligopolio –REPSOL, CEPSA e BP- que monopoliza (100%) a capacidade de refino en España i é maioritario tanto no almacenamento (42%) como na distribución polo bruto (35%) e polo miúdo (65%).
Cabe agora preguntarse se ese proceso de liberalización do sector favoreceu a competencia beneficiando así ao consumidor como argumentaron os seus defensores. A resposta é clara: como demostran tódalas evidencias os prezos dos combustibles nas diferentes gasoliñeiras non se fixa de xeito competitivo por mor dunha estratexia comercial do sector facilitada pola súa condición de oligopolio. Unha condición que –segundo a propia CNC- víuse favorecida polo proceso de liberalización do sector realizado nos anos 90.
O mercado español de hidrocarburos é un paradigma das falsedades do fundamentalismo do mercado –o neoliberalismo-: a privatización, a liberalización comercial e a desregulación so favorece as grandes empresas. A ensinanza é que “os mercados non son perfectos” e que sen un papel activo do goberno os consumidores saen sempre perdendo.


Manoel Barbeitos Alcántara.

No hay comentarios: