lunes, 6 de abril de 2015

QUE FOI DA SOCIALDEMOCRACIA EUROPEA?



E sobre todo se fidel a ti mesmo, pois delo séguese, como o día a noite, que non poderás seren falso con ninguén
HAMLET. Willian Shakespeare

Manoel Barbeitos Alcántara

De cando en vez non podo deixar de facerme a seguinte pregunta: que pensarían os grandes líderes fundadores da socialdemocracia europea –como por exemplo W. Liebknecht (Alemania), L .Blúm (Francia), K. Hardie (Gran Bretaña), P. Iglesias (España), F. Turati (Italia)…- se despertaran do seu longo sono e virán aos partidos, que eles fundaron, defendendo tanto o “austericidio” impulsado pola troica (FMI, BCE, CE) como o TTIP –ATCI en español- que quere impoñer Estados Unidos a ambolos dous lados do Atlántico?, pensarían que eses partidos estaban defendendo realmente os intereses das clases populares en coherencia cos seus programas máximos i en liña co tradicional pensamento socialdemócrata?.
En que consiste e a quen favorece o chamado “austericidio” que Alemana, co apoio da troica, está impoñendo en Europa?. Como austericidio entendense ás políticas de axuste fiscal, rebaixa salarial e desregulación laboral que, con inusitada dureza estanse aplicando nos estados europeos da eurozona. Unhas políticas que tiveron a súa orixe no Tratado de Maastrich e que foron posteriormente consolidadas co Tratado sobre a Estabilidade, a Coordinación e a Gobernanza –“pacto orzamentario europeo”-. Unhas políticas que cobraron forza coa chamada crise das débedas soberanas. Unhas políticas que, nembargante, non poderían aplicarse na eurozona se contaran coa oposición da socialdemocracia europea.
En términos macroeconómicos o “austericidio” é a n-sima versión do fundamentalismo de mercado que sitúa ao problema da recesión económica no lado da oferta. O austericidio nin vai faciitar o crecemento económico sostido e potente nin a creación importante de emprego na eurozona. Por que razón?: por que o problema da eurozona –que é o problema de todo Europa e do mundo en xeral nesta fase da mundialización- é a demanda agregada, que é debil –que é menor que a oferta agregada: a capacidade de producir- e por que o austericidio –cos recortes no gasto público, a rebaixa nos salarios e nas pensións, os moi baixos tipos de xuro que favorecen os investimentos especulativos en detrimento dos productivos, a suba dos impostos indirectos e dos prezos nos servizos…- debilita aínda mais esa xa debil demanda agregada impedindo o crecemento económico. Nembargante o “austericidio” ten beneficiarios pois favorece a determinados sectores sociais: as finanzas –maiormente a grande banca europea-, o gran capital comercial –especialmente o alemán- e os oligopolios de servizos. E ten víctimas: os cidadáns de rendas medias e baixas. O “austericidio” favorece, xa que logo, o intenso crecemento das desigoaldades
Neste contexto a socialdemocracia europea si fora quen de defender os intereses dos europeos de rendas medias e baixas –as clases populares- tería que estaren en oposición frontal a este “austericidio” e a prol de políticas expansivas de estimulo fiscal e monetario que permitan a recuperación da demanda agregada e con elo tanto o crecemento económico e a creación de emprego como a diminución das desigoaldades entre os estados e entre os cidadáns europeos.
O ATCI (Acordo Trasatlántico para o Comercio e o Investimento) que tan en segredo negocian o goberno e os lobbys dos Estados Unidos con a Comisión Europea pode ben considerarse como unha arma de destrucción masiva. Por que digo isto?: como xa sinalei noutro sitio “na practica este acordo busca eliminar tódolos dereitos aduaneiros, minimizar as barreiras non arancelarias mediante unha harmonización a baixa das normas e proporcionar ferramentas xurídicas aos investidores para eliminar calquera obstáculo regulamentario ou lexislativo que se interpoña no camiño do libre comercio”, todo na liña do mais puro neoliberalismo aplicado ao comercio. Un neoliberalismo que non quere atopar pedras no seu camiño: “as obrigas do Tratado comprometerán a tódolos niveis de goberno” (Art. 4 do ATCI).
Un neoliberalismo que cuestiona tanto a existencia de servizos públicos como de dereitos laborais para os traballadores. Así nas negociacións en curso os servizos públicos son tamén obxecto de debate sobre a súa posible privatización. Un debate que se centra non tanto en que servizos deben estaren garantidos polos gobernos –seren públicos- senón en que servizos estarán pechados a súa privatización –ningún-. Eliminar calquera obstáculo regulamentario ou lexislativo que se interpoña no camiño do libre comercio supón tamén, para os defensores do ATCI, restrinxir os dereitos laborais actualmente existentes nos países da Unión Europea e que tanto esforzo, sacrificio e sufrimento custaronlle ás propias clases traballadoras.
Dende unha perspectiva galega este ATCI é moi preocupante se pensamos no sector agroalimentario de Galiza. A harmonización das regulamentacións que procura este ATCI no sector agrícola supón eliminar normativas vitales como a prohibición das hormonas e de determinados insecticidas, a irradiación dos alimentos, o etiquetado dos transxénicos. O ATCI tamén pretende sacar do medio figuras de protección dos produtos agrarios tales como Indicacións Xeográficas Protexidas ou as Denominacións de Orixe. O obxectivo final é permitir as corporacións agroalimentarias de ambas partes ocupar os mercados sen ningún tipo de restrición. Ocupar os mercados con alimentos procedentes da agricultura industrial, expulsando deles os alimentos producidos polas pequenas explotacións familiares, moitas das cales terán que pechar, perdendose moitos postos de traballo directos e indirectos.
Tódolos documentos concernentes as negociacións ou ao desenrolo do ATCI, incluídos os textos das negociacións, as propostas de ámbolos dous lados, o material explicativo adxunto, os correos electrónicos intercambiados e o resto das informacións intercambiadas no contexto das negociacións (…) seguirán a seren confidenciais” (IGNACIO GARCIA BERCERO negociador principal da UE). Por qué ese secretismo si din que é tan bo para o crecemento económico e a creación de emprego?.
Neste contexto, como a socialdemocracia europea permite que a negociación deste chamado tratado se faga a espaldas da cidadanía, impedindo a información e os debates oportunos, imposibilitando que os parlamentos, e os propios cidadáns, discutan e decidan sobre o formato, os contidos e os efectos do ATCI?. Como pode a socialdemocracia apoialo?

Velai dúas probas do algodón (o “austericidio” e o tratado trasatlantico) para a socialdemocracia europea. Para saber con quen está realmente: se cos cidadáns europeos de rendas medias e baixas –as clases populares- ou cos cidadáns de rendas altas –bancos, oligopolios, multinacionais…-.

No hay comentarios: