Unha masa enardecida silbou a emisión do Himno Nacional de España nun recente partido de fútbol. A seriedade dalgunhas autoridades contrastaba coa indisimulada satisfacción doutras, reproducindo así o que acontecía na grada. A liberdade de expresión ampara tamén a crítica ós símbolos. Coa presenza das bandeiras nos edificios públicos acontece algo semellante.
Nun libro de grande interese, “Mater dolorosa”, Álvarez Junco analiza a formación da España moderna a partir da guerra da Independencia e o fracaso da creación do Estado liberal. En "Ser españoles", obra colectiva esos asuntos son estudiados polo miudo. A realidade é que os símbolos nacionais, himno, escudo e bandeira, non gozan do respaldo masivo que teñen noutros países. A dictadura transformounos en símbolos de parte e non de todos. Catro décadas máis tarde ese carácter variou pouco. Así Pedro Sánchez tivo que ofrecer explicacións por terceiras persoas por ter utilizado como fondo dun discurso a imaxe da bandeira do Estado.
Certamente os símbolos non resisten unha análise racional. As letras de moitos deles, da Marsellesa ó propio himno galego, teñen expresións que hoxe chamariamos "políticamente incorrectas". Son artefactos históricos e así hai que consideralos. Coas suas contradiccións internas e os seus siñificados ambiguos, por exemplo o Santo Grial do escudo galego malia o carácter aconfesional do Estado actual. Unha excepción notable e rompedora, é a letra do himno da Comunidade de Madrid, escrito por Agustín García Calvo, que por razóns obvias apenas se coñece. A sua lectura excusa comentarios:
|
|
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario