viernes, 26 de junio de 2015

POLÍTICA EDUCATIVA

Unha constante da política conservadora é a reducción constante do gasto público en sanidade, educación e servizos sociais. Mesmo existe un compromiso explícito do Goberno Rajoy con Bruxelas,  para continuar esa reducción ata 2018. No caso do ensino, logo de acadarse un nivel histórico do 5% sobre PIB co goberno Zapatero, tense rebaixado ó 4% e para 2018 será do 3´7%. A maior baixada entre os países da Unión Europea.

Os conservadores teñen fixación negativa co ensino. Sempre que gobernaron, recortaron en equidade, gratuidade e gasto publico. En Galicia reduciron 321 millóns de euros cada ano. Aprobaron a LOMCE, hoxe cuestionada por 12 Comunidades Autónomas, para implantar barreiras como as reválidas ou os itinerarios prematuros. E suprimiron a gratuidade dos libros de texto a 80.000 estudantes, o 60%, para implantar un sistema máis caro e burocrático. Porque o importante era sustituir a universalidade polo cheque, pola dependencia. Agora anuncian unha nova modalidade de cheque por valor de 40 euros. Cada familia mendigando a esmola, casualmente en período electoral. En lugar de incrementar a progresividade fiscal, ésta  reducese en beneficio das rentas máis altas e perxudicando ás rentas medias e baixas.

Os servizos para pobres adoitan ser servizos pobres. Non serven para paliar a pobreza sinon para perpetuala. Porque clasificar é segregar. De ahí a defensa dos servizos universais e gratuitos no ensino e na sanidade.

Os estudos máis recentes comenzan a cuestionar a equidade do sistema educativo español e a poñer de manifesto a estratificación social presente nos centros de ensino en función da sua titularidade: pública, concertada ou privada. En detrimento dos centros de titularidade pública. De onde a necesidade de revisar o actual sistema de financiamento para introducir obxectivos mensurables que reduzan a desigualdade de resultados académicos, correlacionada coa estratificación social. Un motivo máis para cambiar de goberno.

José Luis Mendez Romeu

1 comentario:

FUNDACIÓN LUÍS TILVE dijo...

Guereñu dijo: creo que sería buenísimo que la LOMCE no entrase en vigor, no solo porque es retrógrada y no responde a las necesidades del país, sino porque no se prevén los recursos necesarios para su ejecución. No propongo desobediencia alguna, pero sí presión al máximo nivel. Lo creo algo de elemental supervivencia.