viernes, 24 de julio de 2015

A HISTORIA SEMPRE SE REPITE

Volvendo a ler un libro do meu admirado profesor John Kenneth Galbraith (“Un viaje por la economía de nuestro tiempo”. Ariel Economía) non podo por menos que recordar aquela famosa frase do, tamén admirado, Karl Marx cando suliñaba Hegel di nalgunha parte que tódolos grandes feitos e persoaxes da historia universal aparecen, como si dixéramos, dúas veces. Pero esqueceuse de agregar: unha vez como traxedia e outra vez como farsa.” (“El 18 de Brumario de Luis BonaparteBiblioteca de autores socialistas).
Ven isto a conto por que cando J.K. Galbraith pasa revista aos máximos dirixentes europeos durante a I Guerra Mundial –realmente houbo unha soa guerra que durou dende 1.914 a 1945- non deixa “títere con cabeza” pola súa incompetencia, ignorancia e vulgaridade. Algo que, logo de ver o por agora derradeiro episodio europeo –o ataque brutal de goberno de Alamana e os dos países europeos satélites ao goberno grego de Syriza-, pode seren aplicado con total tranquilidade aos dirixentes da troica e da maioría dos estados europeos. Unha afirmación que ven confirmada pola maioría de enquisas serias que sitúan a practicamente tódolos gobernantes europeos –as elites políticas- como os/as personaxes menos avaliados pola propia cidadanía. Uns dirixentes que, na súa maioría, foron quen de presentarse as eleccións –e ganalas- con uns programas expansivos para logo unha vez no poder esquecerse deles e aplicar un auténtico “austericidio”.
“A ignorancia e a estupidez” –sinala Galbraith- “nos grandes asuntos de Estado non é algo que se cite habitualmente. Unha certa corrección política e histórica require que asignemos algún propósito e racionalidade incluso nos casos en que é demasiado obvio que non existe tal racionalidade” –como debera pasa agora por caso cos terribles axustes impostos ao goberno grego para poder así recibir a axuda financeira que precisa: cal é a súa racionalidade?: todos sabemos que Syriza non poderá cumprilos, non poderá pagar toda a súa débeda e que a economía grega seguirá afundida nunha grande depresión-. “Un non pode mirar desapasionadamente a Grande Guerra (e tamén as súas consecuencias) sen considerala o resultado da estreites mental e da ineptitude dos seus responsables” (Galbraith). Un no pode evitar deixar de pensar que o novo “austericidio” imposto a Grecia sen pensar que o froito da estupidez e sede de vinganza da troica e a maioría dos gobernantes europeos entre os que tiveron un papel destacado os dirixentes españois, portugueses e irlandeses para mais bochorno.
“A tradición aristocrática tiña un deseño case perfecto para garantir que tanto o Goberno como as forzas armadas estiveran en mans de líderes con unha capacidade mínima. A selección efectuábase por herdanza, non pola intelixencia. Incluso os individuos intelectualmente mais defectuosos podían ascender a posicións importantes do poder civil e militar sempre que estiveran cualificados polo seu nacemento e polos seus brasóns. E así sucedía” (Galbraith). Non parecera que esa tradición tiña desaparecido de todo en Europa, e mais en concreto, na Unión Europea onde cada vez hai mais evidencias de que a elite política europea aseméllase mais e mais a esa aristocracia europea de principios do século XX.  Unha elite capaz de provocar en Grecia, por exemplo, unha caída tal da produción e a riqueza (30%) que resulta comparable aos efectos dunha guerra civil sen que sexa quen de rectificar nas súas esixencias de continuos axustes senón que como auténticos túzaros manteñen a súa teima.
Recollamos algúns opinións dos lideres das principais potencias en conflito durante a grande guerra. “O zar Nicolas II”- Rusia-“gobernaba como un autócrata… so estaba dotado para vivir nunha casa de campo e cultivar nabos” (ídem). “Viena, que xunto a París era un centro renomeado pola sofisticación da súa vida cultural e intelectual non proxectou esa distinción nin as forzas armadas nin ao Estado. Tamén por herdanza, en ditas áreas prevalecía o monopolio case absoluto dos ignorantes” (ídem). “Entre os países contendentes ,sen excluír a Gran Bretaña nin a Francia, os líderes políticos e militares tamén presentaban niveis mínimos de competencia intelectual” (ídem). Deixo para os lectores, si os houbera, o “xogo” de resituar os nomes dos estados e dos gobernantes actuais e de pensar si “a historia se repite…..” de novo en Europa. Persoalmente penso que as semellanzas son evidentes. Cabe maior estupidez que crear unha UEM contendo as bases da súa propia destrución?. Cabe maior estupidez que obrigar a un goberno europeo a seguir un camiño que non quere seguir e que o leva a un auténtico magnicidio?.
“En Alamana, o mariscal de campo Paul von Beneckendorff und von Hindenburg e, en Francia, o mariscal Henri Philippe Pétain, rodeados ambos por unha aureola de suposto éxito militar, foron mais tarde cuestionados na súa postura política civil. Para ambos e para os seus países respectivos, foi un desastre sen paliativos” (sic).
“Nos países contendentes, o papel controlador da tradición reflexouse tamén claramente no seu xeito de levala guerra (….) as ideas que pertencían a antiga estrutura política e económica manifestáronse dun xeito mais notable na súa actitude para cos soldados rasos (….) dende tempos antigos, na mente dos terratenentes habíasnos asociado xeralmente co gando, sendo considerados, ao igual que unha vaca, un recurso de usar e tirar (…) a agonía contida do soldado de a pe que se enfrontaba a unha morte mais ou menos certa non merecía que se lle dedicara un pensamento serio” (ídem).
Merecen actualmente o mesmo trato os cidadáns gregos, uns cidadáns mais i en maior número fundidos na pobreza e na exclusión social?. Non merecen, non merecemos os cidadáns españois, portugueses… un pensamento serio?.

Manoel Barbeitos Alcántara.

No hay comentarios: