Hoxe cúmprense 79 anos do fusilamento de Xaime Quintanilla Martínez xunto con outros catorce compañeiros, en
Ferrol, o 17 de agosto de 1936.
Os historiadores Ana Romero Masiá e Carlos Pereira Martínez teñen publicada
unha magnífica biografía deste médico e alcalde socialista ferrolán, na que
describen o perfil dun home xenial,
polifacético e comprometido, que como político soubo combinar tres aspiracións
que debían confluír nunha Galicia nova: o republicanismo como forma de goberno;
o socialismo como sistema económico e social; e o galeguismo como base de
identidade dun pobo que aspiraba a gobernarse a si mesmo.[1]
No libro-rexistro do cemiterio de Canido en Ferrol, figura a defunción e
sepultura de Xaime Quintanilla Martínez, na data mencionada do 17 de agosto de
1936, a causa da defunción o fusilamento; a localización da sepultura, unha foxa
común do cadro 2. Na actualidade, no cemiterio ferrolán de Catabois, no número
937, figura unha lápida co seguinte texto:
EN LA MEMORIA DE
Alfonso Abrodes Rey/ Manuel Besteiro Luaces / Cipriano Canosa Caruncho /
Juan García Niebla / Ángel García Toribio / Ángel Monteagudo Carro / Avelino
Parrrilla Ares / José Pérez Cisneros / Jaime Quintanilla Martínez / Alfonso
Raja Coronado / Ramón Ríos Sordo / Juan Romalde Prieto / Manuel Serantes Canosa
/ Ramón Souto González / Jesús Tenreiro Prim.
17 de Agosto de 1936
Sirva esta breve nota de recordo e recoñecemento a todos eles e os que como
eles foron vítimas do golpe militar primeiro e da posterior represión da ditadura
franquista nos anos seguintes.
Sirva tamén para que os socialistas de hoxe non esquezan o legado dos que
foron abrindo o camiño cara os horizontes dunha sociedade mellor e mais xusta
para todos. Dos que creron e morreron polos seus ideais de igualdade, liberdade
e solidariedade.
Xesús Mosquera Sueiro / 17 de Agosto de 2015.
[1]
XAIME QUINTANILLA MARTÍNEZ. Vida e obra dun socialista e galeguista ao servizo
da República.- Ana Romero Masiá e Carlos Pereira Martínez.- Editado pola
Fundación Luís Tilve
1 comentario:
HONOR A ÉL.
Publicar un comentario