viernes, 2 de octubre de 2015

O RISCO DE NOVAS BURBULLAS


 Pode resultar sorprendente que cando as elites políticas e financeiras así como os seus altofalantes falan de “recuperación económica” outros moitos non so poñamos en dúbida a susodita recuperación senón que falemos de elevado risco de que se produzan novas burbullas e, xa que logo, novas crises.
Si ben e certo que a economía española –a galega, menos- está experimentando un lixeiro e conxuntural reponte alcista non debéramos ignorar que este responde a factores externos a mesma e non a factores internos tales como sería ben unha posible recuperación da senda do crecemento, ben unhas políticas públicas expansivas. Son aqueles factores a forte caída no prezo de cru –dun 50% no prezo do barril-, a baixa na cotización do dólar –divisa internacional por excelencia- e a abundancia de liquidez no mercado de capitais mercé a política monetaria do BCE. Factores que danlle temporalmente un respiro a demanda agregada o que impulsa un lixeiro e conxuntural crecemento.
Un crecemento económico conxuntural posto que estas economías, a española e a galega, manteñen a mesma dinámica anterior a crise financeiro-inmobiliaria polo que os riscos dunha nova explosión seguen aí. A pesares do ocorrido a oligarquía financeira-inmobiliaria española segue marcando o ritmo e o rumbo da economía española –e con ela o da galega-. Ao tempo as autoridades españolas seguen a espreita de que os mercados financeiro –a bolsa maiormente- e inmobiliario volvan a recuperar a “vitalidade” perdida e turren de novo do conxunto da economía. Unha estratexia que, loxicamente, responde a un planteamento de clase: o da susodita oligarquía financeira-inmobiliaria, pero que agocha, novamente, enormes riscos para o conxunto da economía española (e galega).
Por qué?. Por que este planteamento ten os pes de barro. Por unha parte precisa de novo de abundante liquidez e, xa que logo, de novos endebedamentos. Novos endebedamentos dun sector –a oligarquía financeiro-inmobiliaria- que recuperou (?) a liquidez e a solvencia financeiras grazas a asunción das súas enormes débedas polo erario público –débedas privadas que foron transformadas en públicas-. Pola outra vólvese de novo a un planteamento económico –liquidez abondosa nun mercado financeiro desregulado- que foi a causa e motivo da crise actual. Volven a crearse situacións favorables a novas burbullas que, como sucedeu sempre, rematarán por estoupar con os efectos conseguintes e de todos coñecidos.
Uns efectos que agora poden seren aínda mais nocivos que os da derradeira crise por mor dunha serie de razóns facilmente comprensibles: as políticas neoliberais levadas a cabo polos derradeiros gobernos españois (e galegos) supuxeron un adelgazamento do sector público e un paralelo enfeblecemento das súas funcións reguladoras. O tempo o sector financeiro non parou de medrar, concentrándose aínda mais pero sen abandonala súa preferencia polas prácticas especulativas e pola creación de novas burbullas.
Neste contexto as preguntas son obvias: quen van a impedir a explosión da seguinte burbulla?, que vai pasaren cando explote?, que administración pública vai seren quen de amortecer os efectos da explosión?.



Manoel Barbeitos Alcántara

No hay comentarios: