sábado, 19 de marzo de 2016

DEFICITS DEMOCRATICOS EN GALIZA E EN ESPAÑA




Que en Galiza e en España a democracia aínda é débil, a pesares das décadas transcorridas dende a morte do ditador fascista, non parece discutible pois as evidencias multiplícanse. Unhas evidencias que salpican tanto a importantes actores da clase política galega i española como a empregados relevantes das empresas mediatices –moi especialmente da chamada caverna mediatice-.
En España, con un goberno en funcións, asistimos nestes días a varios feitos inauditos nunha democracia. O secretario de Estado de Relacións con as Cortes anunciaba nunha comparecencia periodística que nin o presidente en funcións –M. Rajoy- nin ningún dos membros do actual gabinete en funcións íase a someter a ningún control do actual parlamento. O argumento xustificativo de tal actitude foi que se trata “dun goberno en funcións” e que o actual parlamento non se corresponde con aquel que o elixiu e que, por estar en funcións so se somete ao control dos tribunais… e que nunca na historia constitucional celebráronse sesións de control sen ter procedido a investidura do presidente. Un goberno en funcións que nembargante si parece lexitimado para tomar importantes decisións políticas tales como a prorroga en 60 anos da concesión de ocupación de terreos nos que se cubica ENCE en Pontevedra: unha prorroga que o Ministerio de Medio Ambiente concede a pesares da forte contestación social en contra. Unha prorroga que o goberno español en funcións subtrae ao debate parlamentario. Adopta así unha actitude farisea que crea unha crise institucional sen precedentes por choque entre o goberno en funcións –que se nega a comparecer diante do parlamento- e o parlamento –que esixe a comparecencia-. INAUDITO pero moi indicativo do concepto que o PP (Partido Popular) ten do que é a democracia.
O diario dixital PUBLICO –un dos poucos medios independentes e plurais que existen en España- informaba recentemente de unha nova decisión política do goberno en funcións (PP) que raia con comportamentos neonazis. Axentes da policía que forman parte da unidade de intelixencia desprázanse a Venezuela para investigar unha suposta relación entre o tráfico de drogas a escala internacional, o goberno de Nicolás Maduro e o financiamento de PODEMOS. Unha investigación encargada polo Ministro de Interior –o ínclito Jorge Fernández Díaz- pero coñecida polo Presidente –M. Rajoy- do actual goberno en funcións. Unha investigación na que se mesturan o tráfico de drogas, ETA e unha parte da oposición venezolana que, por certo, mantén posicionamientos de extrema dereita. Que dicir deste comportamento dun goberno en funcións (PP) nun estado democrático?, que dicir dun partido (PP) que utiliza os aparatos do estado –as cloacas- para investigar a outro partido democrático que ten representación parlamentaria?, que dicir dun partido (PP) que utiliza estes métodos propios de mafiosos cando ademais el mesmo está emporcado ata as orellas nunha corrupción sistémica?, que democracia é esta?. Alguén se imaxina aos gobernos británico, francés, alemán…. emporcados nestas sucias manobras de investigación dos partidos da oposición?. Compre sinalar que en estas manobras o goberno español en funcións conta coa colaboración de destacados membros da chamada “caverna mediatice” e da avogacía neofascistoide…. boas compañías.
Fai unhas semanas M. Baltar era reelixido presidente do seu partido (PP) en Ourense co 95,7% dos votos emitidos no Congreso Provincial. Nada novo nesa provincia onde os Baltar reinan politicamente dende fai décadas. Nada novo pero si algo preocupante nunha democracia: o citado M. Baltar está imputado por cóecho e tráfico de influencias por ofrecer supostamente traballo a cambio de sexo algo que tiña denunciando unha muller diante da xuíz. Un feito que, se xa en si mesmo, debera ser suficiente para a dimisión política de M. Baltar –que ademais e presidente da Deputación de Ourense- resulta mais vergoñento cando se observa como o seu partido pecha filas entorno a este dirixente político: se a maioría dos alcaldes (PP) da provincia danlle o seu apoio non se queda atrás o responsable galego dese partido (PP) que ven sendo ademais Presidente da Xunta de Galiza (A. Núñez Feijoo) quen defendeu que o citado político repetira ao fronte do partido. Que lectura poden sacar os cidadáns ourensáns de tales comportamentos políticos?, ata onde chega o talante democrático e cívico dese partido e dos seus dirixentes?, que pensarán moitas mulleres galegas de tales actitudes?. Como non cualificar de débiles as democracias que permiten que este tipo de actitudes e comportamentos políticos queden impunes?
Un pouco mais tarde faise público que o secretario xeral do PSOE en Galiza G. Besteiro era imputado por seis delitos: cóecho, tráfico de influencias, prevaricación, fraude as administracións públicas, fraude de subvencións e malversación de caudais públicos todos eles cometidos, presuntamente, na súa época de presidente da Deputación de Lugo. Por si non fora grave o feito en si mesmo o que roza o esperpento político é o feito, como sucede con M. Baltar, de que este directivo recibira días antes o apoio incondicional do seu secretario xeral, P. Sánchez –quen debera estar informado da situación do seu directivo e, xa que logo, esixirlle a súa dimisión- así como a propia actitude do político diante da imputación: se ben renuncia a presentarse ás primarias do PSdG-PSOE para optar a ser candidato a Xunta de Galiza mantense, nembargante, no cargo de Secretario xeral desa organización e no de membro da Comisión Executiva do PSOE. Facémonos a mesma pregunta que no caso anterior: é este un comportamento digno dun político demócrata?, coas súas actitudes que imaxe reflicte sobre a clase política galega e sobre o seu propio partido?, que poden pensar os cidadáns galegos de ben?, cal é concepción da democracia tanto de Besteiro como de Sánchez?, cando é esixible a dimisión dun político?.
Non cabe dúbidas de que os feitos citados, aos que se poderían sumar unha morea mais, son unha proba indiscutible de que en Galiza e en España non so abondan os políticos con unha conciencia democrática moi voluble e fráxil, o que fai un enorme dano ao mesmo sistema democrático, senón que en moitos partidos políticos –maioría sistémicos- estas condutas non so se consenten senón que se encobren cando non se favorecen. Feitos todos que confirman que en Galicia e en España a democracia aínda é moi débil e deficitaria.
Manoel Barbeitos Alcántara

No hay comentarios: