E ben certo que
son abondosas as razóns e os argumentos que, tanto os que gobernan a Unión
Europa –maiormente a chamada troica: Fondo Monetario Internacional, Banco
Central Europeo e Comisión Europea- como a maioría dos estados que a compoñen, regálanlle
aos partidarios da súa disolución ou cando menos do seu enfeblecemento –como por caso Gran Bretaña- para afirmarse
nas súas teses antieuropeistas.
Por si fora
pouco co austericidio e as súas consecuencias para as clases populares
europeas, nestes últimos meses estamos asistindo a un comportamento da Unión
Europea, e da maioría dos estados membros, en materia de política exterior e
humanitaria e mais en concreto en política de asilo –para con millóns de
familias que foxen das guerras, da violencia, da fame que asolan Libia, Siria, Afganistán,
Iemen, Nixeria, Somalia, Sudán…-, que resulta humanamente sangrante e
politicamente mais propio de estados fascistas. Non resulta sorprendente que
con estas actitudes políticas emerxan con forza os partidos europeos de extrema
dereita. Pero o que si resulta sorprendente é que partidos europeos de fonda
tradición democrática promovan este tipo de políticas e actitudes.
Pasemos revista
a algúns feitos recentes que xustifican o afirmado. A Unión Europea
comprométese a entregar ao goberno turco unha axuda de 3.000 millóns de euros a
cambio de que se encargue de repatriar inmigrantes -maiormente sirios que na
súa inmensa maioría son refuxiados que foxen dunha terrible guerra civil-. A
Unión Europa en vez de afrontar por si mesma o problema prefire darlle cartos
ao goberno turco –un goberno que non respecta os dereitos humanos- para que
faga o “traballo sucio” de recibir aos inmigrantes e logo de espallalos por
Europa adiante: un auténtico mercádeo que con toda seguridade, coñecendo as
autoridades turcas, dará lugar a episodios de corrupción, mal trato, espolio persoal,
violación… sen conto. Un acordo tan inaudito, e tan pouco solidario cos que
sofren os efectos da guerra e a fame, que a propia ACNUR criticou, con dureza pero
con razón. que a Unión Europea asinara un acordo deste tipo con un estado que
non ríspeta os dereitos humanos. Un acordo que promove a expulsión de
refuxiados sen as garantías de protección necesarias ao tempo que permite algo
(“a expulsión colectiva”) que está prohibido pola Convención Europea dos
Dereitos Humanos (“unha persoa que busca asilo so pode ser devolta si se
salvagarda a súa protección”). Pola súa parte AI (Amnistía Internacional)
cualifica o acordo de inhumano con “defectos morais e legais” amais de chamar a
atención sobre que Turquía, hoxe por hoxe, non é un país seguro. Incrible, pero
certo. Pénsese ademais que a eficacia dese acordo depende tanto do goberno
turco como de gobernos europeos como por caso España que, ao día de hoxe, dos
17.000 refusados que se comprometeu no seu dia a acoller solo o fixo con 18. Un
acordo que non é nada novidoso pois a UE
xa ten asinado cos seus membros mais de 300 acordos deste tipo cos
resultados que están a vista.
A primeiros
deste mes de marzo o goberno francés –que preside o socialdemócrata F.
Hollande- desmantelaba “manu militari” o campamento de refusados de Calais que
estaba ocupado por miles de familias, unhas 7.000 persoas. As organizacións
humanitarias –e membros destacados do propio partido do goberno (PSF) como por
caso Martine Aubry- criticarían que se fixera o desaloxo sen antes prever onde
realoxar axeitadamente aos refusados que alí se atopaban. Como ben dicían
moitos dos refusados alí instalados “vin a buscar a liberdade a Europa pero non
a atopei”.
Por outra parte
tamén nos entearmos de que os gobernos de Dinamarca, e Alamana –entre outros- rexistran aos refusados na
procura de diñeiro, xoias,….para seren confiscados. As autoridades deses países
xustifican estes actos en que os refusados deben pagar “os gastos sociais” que
ocasionan. ACNUR pola súa parte critica estas medidas por consideralas unha
afronta a dignidade dos refusados e unha interferencia arbitraria no seu
dereito a privacidade. Uns refusados, as súas mulleres, que en non poucos casos
amais de verse confiscadas teñen que soportar neses estados agresións sexuais
con frecuentes casos de violacións.
Unha vez mais as
Nacións Unidas víase obrigada a denunciar as violacións dos dereitos humanos
dos refusados que chegan a Europa. Agora trátase de Checa que, segundo o Alto
Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos ten un “trato
degradante” cos refusados. Critica que as violacións dos dereitos humanos non
son casos illados, nin casuais senón sistemáticas, formando parte dunha
política gobernamental que trata de impedir que aqueles entren ou queiran
quedarse en Chequia. Que dicir do camión que apareceu en Austria con 71
cadáveres de inmigrantes en descomposición?.
Con feitos como
estes, hai moitos mais que asemade repítense a cotío, algúns non podemos por
mais que volver a preguntarnos: a onde vai esta Europa?. Preguntarnos iso e ao
tempo berrar indignados que si Europa segue por este camiño, “paren o tren que
nos queremos baixar” por que “nosaltres no som d´eixe mon”.
Manoel Barbeitos
Alcántara.
No hay comentarios:
Publicar un comentario