sábado, 23 de abril de 2016

INIMIGOS INTERIORES



Por si xa tivera poucos problemas para resolver –enorme confusión ideolóxica (socialdemocracia, socialliberalismo, neoliberalismo?), política (alianza coa dereita?, goberno coa esquerda?) e orgánica (partido centralista?, partido federal?)- ao PSOE ultimamente multiplícanselle os ananos no seu interior. Un (unha) dos mais poderosos e tamén mais preocupados(as) por saír nos medios de comunicación é Susana Díaz, a actual presidenta da Junta de Andalucía.
Se a obsesión desta muller por saír nos medios de comunicación é moi evidente, coase similar a de Esperanza Aguirre. Non resulta tampouco estraño a ninguén a súa enorme ambición política que lle leva a estarlle poñendo constantemente paus nas rodas a seu propio secretario xeral P. Sánchez. Unha ambición que non vai acompañada nin de talento, nin de calado político senón todo o contrario. Como político/a esa obsesión mediatice e esa actitude obstrucionista reflicte tanto unha constante falta de sentido de oportunidade política coma unha enorme pobreza política que se fai indiscutible cando ten que argumentar calquera declaración das moitas que se prodiga. Como indiscutible resulta que esta muller antepón as súas ambicións persoais por riba dos intereses do seu partido (PSOE).
Unha das últimas evidencias ten que ver con unhas recentes declaracións a prol dos medios de comunicación e opinión en España. Unhas declaracións nas que de novo, ademais de poñer en evidencia a súa obsesión antiPodemos, demostra un total descoñecemento da realidade en España.
Todo o mundo recoñece, especialmente no estranxeiro, que a liberdade de prensa, a independencia dos medios e a obxectividade e rigor dos mesmos son moi, pero moi deficitarios en España. Que a maioría dos medios de comunicación e opinión reflicten os intereses de quen os financia que, na súa inmensa maioría, resultan seren os do IBEX 35. Unha situación que é moi preocupante dende o punto de vista da democracia e a liberdade. En Galiza temos un claro exemplo do que subliño xa que a inmensa maioría dos medios de comunicación e opinión, coa excepción de PRAZA PÚBLICA dixital –dentro dos diarios de información xeral- e TEMPOS NOVOS –entre as publicacións mensuais- e pouco mais, os medios maioritarios están claramente orientados a prol do Partido Popular, a airexa católica e as clases de rendas altas galegas. Algo que se manifesta nunha clara hostilidade deica as opcións de esquerda e/ou nacionalistas.
Pois ben, si PODEMOS a través tanto do seu secretario Xeral (Pablo Iglesias) como da súa secretaria de Análise Política e Social  (Carolina Bescansa) chama a atención sobre este déficit democrático en España e  amosa a súa queixa polo trato que moitos medios de comunicación e opinión dan o seu partido. Algo que resulta, hoxe por hoxe, indiscutible sendo no caso dalgúns dos mais relevantes –A RAZON, MUNDO, EL PAIS..- realmente paranoico. A Susana Díaz fáltalle tempo para buscar un micrófono no que poder subliñar con enerxía a súa oposición a esta plantexamento, declarando que “preocúpame como Pablo Iglesias entende a liberdade de prensa e as relacións cos medios”.
Unhas declaracións que ademais de oportunistas e terxiversadoras poñen de novo en evidencia que para esta muller “todo vale” con tal de facerse visible. Incluso o negar as evidencias. Unhas declaracións que nos levan a facer unha pregunta: está o seu partido (PSOE) de acordo con estas declaracións?, pensa este partido que en España hai unha auténtica liberdade de prensa, de información e opinión?, considera que os medios de comunicación e opinión maioritarios están en España a altura do que corresponde a un estado autenticamente democrático e moderno?, coñece Susana Díaz a opinión que se ten fora a prol dos medios de comunicación e opinión españois?.
Non fai moito tempo un diario tan prestixoso como New York Times encabezaba o seu titular dicindo “Os medios de información españois baixo a opresión do goberno e da débeda”. Desde o inicio da democracia a liberdade de prensa nunca estivera tan comprometida en España como esta hoxe. A independencia dos periodistas españois diminuíu de xeito suave pero constante na derradeira década” sinala un informe elaborado por Freedom House e recollido por El Confidencial. Segundo INFOLIBRE “España cae un posto na Clasificación Mundial 2016 da liberdade de Prensa e ocupa a posición 34”. Realmente non fai falla que os medios estranxeiros nos conten como está a liberdade de prensa en España pois nos ben o sabemos: que podemos dicir os galegos sobre a liberdade de prensa en Galiza?.
Por todo o anterior penso sinceramente, e no caso de Susana Díaz, que a actual dirección do PSOE, e moitos dos seus militantes ben poden recoller aquel vello argumento de “líbreme deus dos meus amigos que dos meus inimigos xa me libro eu”. Uns “amigos” que lle están facendo un enorme dano a este partido veterano pero moi respetable e digno (PSOE). Un partido, por outra parte, cada vez mais alixado daquel que creara o venerable e admirado Pablo Iglesias. Cada vez mais alixado do ideario socialdemócrata por mor do peso de dirixentes como Susana Díaz e unha parte moi relevante da vella garda –como por caso Felipe González e os seus exministros- mais cércanos ao IBEX35 que ás clases populares.
Volverei sobre isto.


Manoel Barbeitos Alcántara.

3 comentarios:

FUNDACIÓN LUÍS TILVE dijo...

Amigo Barbeitos. En esta ocasión tengo que discrepar y muy a fondo.
Según mi opinión, la concepción de la política que Pablo Manuel Iglesias muestra en sus intervenciones es no solo discutible, sino incompatible con una Democracia tal y como se ha venido defendiendo desde posiciones de izquierda democrática. Baste observar como trata a los discrepantes de su organización para ver que sus decisiones son muy similares, por no deir idénticas, a las que la praxis lenilista.
Siendo consciente que la libertad de expresión solo puedne ejercerla en los grandes medios de comunicación quien tienen dinero en grandes cantidades, su actitud respecto a los trabajadores en esos medios solo puede describirse de trata de lacayos. No ha sido capaz de separar la dignidad de los trabajadores de los medios del trato que merecen los dueños de esos medios.
Y no es una anecdota que la solución que ha propuesto repetidamentes la de cambiar el control de Tvs, radios y prensa, desde el poder financiero al que él pudiera detentar en algún momento.
Espero y deseo que en una organización como Podemos y sus anexos (que yo considero democrática, aúnque bastante imperfecta) los militantes, se den cuenta de la calidad de algunos de sus dirigentes y pongan remedio, ya que serán en un futuro no muy lejano las primeras victimas de esa condición, de hechoalgunos se handado cuenta y han pagado por ello.

Isidoro

Unknown dijo...


Con todolos meus respetos e cariños: "manteño o que dixen" e adxunto este artígo que sae hoxe en PUBLICO dixital.

‘El País’ se desnuda contra Pablo Iglesias
23 abr 2016
José Manuel Martín Medem
Comisión Ejecutiva del Sindicato de Periodistas de Madrid (SPM)

El título de su editorial (Iglesias ataca a la prensa) desnuda a El País. No está defendiendo a los periodistas, supuestamente agredidos por Pablo Iglesias, sino a la prensa: los grandes medios de comunicación que, por su dependencia económica y financiera, orientan a sus trabajadores en función de los intereses de las empresas y de sus patrocinadores. Creo que lo que denuncia el Secretario General de Podemos no es a los periodistas orientados sino a los poderosos medios de comunicación que les imponen las reglas del juego.
El País exige veracidad sin recordar aquella primera plana del periódico con la foto mentirosa de Chávez hospitalizado. Dice en su editorial que “la labor fundamental de la prensa es el control del poder” pero en realidad se dedica a controlar a Podemos y a todos los que no sintonizan con el poder.
El editorial llega a la conclusión habitual del poder informativo en sus ataques contra Podemos: que “su modelo de medios de comunicación es el de radios y televisiones bajo control público, al estilo bolivariano”. Me parece que no es eso lo que reclama Pablo Iglesias. Lo que pide es que se cumpla lo que establece la Ley General de la Comunicación Audiovisual (2010): “Para proteger al ciudadano de posiciones dominantes de opinión, todas las personas tienen el derecho a que la comunicación audiovisual se preste a través de una pluralidad de medios (públicos, comerciales y comunitarios) que reflejen el pluralismo ideológico, político y cultural de la sociedad”. Es evidente que la ley no se cumple. Se impone la gubernamentalización de lo público, la impunidad de lo comercial y el bloqueo de lo comunitario. Si los tres sectores pudieran convivir en igualdad de condiciones, todas las voces tendrían las mismas oportunidades. El País sabe por experiencia propia que no es eso lo que la prensa hace con los periodistas a los que orienta bajo la amenaza de la exclusión laboral

FUNDACIÓN LUÍS TILVE dijo...

El que el País y cualquier otro medio de comunicación no sean ejemplo de objetividad, no evita la deriva totalitaria que emana de las opiniones, y lo que es peor, de la deciciones del ciudadno Pablo Manuel Iglesias. El que profesionales como Martin Medem no lo veán solo lo hace más preocupante y peligroso.
Isidoro