Algunhas novas
desta semana recollidas en distintos medios de comunicación e opinión veñen a
ser unha evidencia mais do que repetidamente sinalamos neste foro: ó grande
déficit democrático que existe en España e que resulta moi evidente nos
aparatos do estado. Uns aparatos do estado cuxo comportamento, con demasiada
frecuencia, lembra comportamentos do anterior estado fascista español. Parecera
que en demasiados dos seus departamentos aínda non entrou a democracia e seguen
os mesmos comportamentos fascistoides. Uns comportamentos que contan, as veces,
coa complicidade cando non co estímulo de responsables políticos e medios de
comunicación e opinión –“a caverna mediática”-.
Agora, grazas a
algúns medios de comunicación –moi especialmente a PUBLICO dixital- os cidadáns
galegos e españois vimos de saber que nas “cloacas do estado español” seguen
cociñándose as mais sinistras conspiracións contra, por exemplo, partidos
políticos democráticos. Trátase de cociñar falsos informes sobre prácticas
consideradas non lícitas de partidos políticos democráticos e con responsabilidades
de goberno –agora ERC e Ciu, antes, agora e sempre PODEMOS- co gallo de que a
súa ampla difusión poida contribuír ao desprestixio e repudio da cidadanía deica eses partidos
democráticos. Que incluso se poda lograr a intervención punitiva do poder
xudicial –fiscalía xeral ….-.
Por si o asunto
–unha conspiración mafiosa- non agochara a suficiente gravidade por si mesmo, a
operación aparece como gravísima cando saen a luz os responsables políticos
implicados nesta auténtica trama parafascista impropia dun estado democrático e
de dereito. Aparecen implicados, nada mais e nada menos, que o titular do
Ministerio de Interior –Jorge Fernández Díaz- e o seu segundo Francisco
Martinez –Secretario de Estado de Seguridade-, amais doutros altos funcionarios
quen contan coa colaboración do Xefe da Oficina Antifraude de Catalunya –Daniel
de Alfonso-. Por si isto non fora suficiente, o Ministro de Interior afirma –en
conversacións recollidas polos medios de comunicación- que o seu xefe, Mariano
Rajoy que é, nin mais nin menos, que o Presidente do Goberno, ESTA ENTERADO da
operación mafiosa polo que é de supoñer que a apoia. GRAVÍSIMO nun estado
democrático: como evitar a sospeita de
que estas prácticas mafiosas son cotidiás e de que afectan a tódolos partidos
democráticos da oposición e incluso a moitos cidadáns críticos co goberno.
Para o “éxito”
da operación estes responsables políticos contaban coa colaboración, unha vez
mais, de medios de comunicación e opinión e de pseudoperiodistas que, fieis aos
seus orixines franquistas, encargaríanse de divulgar ampla e profusamente os
informes elaborados por esta trama. De novo ponse en evidencia que demasiados
medios de comunicación e opinión galegos e españois, demasiados
pseudoperiodistas son, seguen sendo, un auténtico perigo para a democracia
española.
O móbil –espiar
a partidos democráticos con fines ilícitos e inmorais- engade aínda mais encoro
a trama. Engade mais razóns para o total rexeitamento cidadán.
Levamos, en
España, 40 anos de democracia. Pasaron polo goberno español diferentes partidos
democráticos: UCD (1977-1982), PSOE (1982-1996; 2004-2011) e PP (1996-2004,
2011-2015). Pero as cloacas do estado seguen infestadas de xermines fascistas
que poñen en risco a democracia, atacan a seguridade cidadán e cuestionan a
necesaria decencia política moi concretamente a decencia na política de estado.
Compre por elo pedir responsabilidades e, de inmediato, dimisións e ceses.
Compre, no curto e medio prazo, esixir aos gobernantes, moi especialmente aos
que saian das novas eleccións democráticas, que limpen dunha vez as cloacas do
estado español para que así os cidadáns nos podamos sentir seguros. Por que,
con estas prácticas mafiosas, non podemos estalo.
Compre castigar
politicamente aos responsables tanto de que existan estas prácticas como de non
ter limpado as cloacas do estado cando puideron facelo. Compre esixirlle a
tódolos partidos democráticos, e a tódolos medios de comunicación un firme
compromiso nesta dirección. Compre reclamar de tódolos cidadáns o repudio total
destas practicas mafiosas.
Manoel Barbeitos
No hay comentarios:
Publicar un comentario