viernes, 10 de junio de 2016

OS GOBERNADORES DO BANCO DE ESPAÑA




“E necesario dar mais facilidades as empresas para que baixen os salarios e corrixir o desincentivo da contratación indefinida fronte a temporal, que radica no maior custo do despido” (Luís María Linde. Gobernador do Banco de España)

E moi difícil subtraerse a idea de que as elites políticas elixen aos gobernadores do Banco de España pola súa incompetencia e pola súa desvergoña. Do que non hai dúbidas é de que os escollen, tamén, pola súa absoluta submisión a grande banca. As evidencias, son continúas dende que existe democracia en España por que xa sabemos como eran elixidos na ditadura fascista …. igual.
Unha evidencia que quedou, unha vez mais, de manifesto coas recentes declaracións do actual gobernador Luís María Linde co gallo da presentación do Informe anual 2015 do Banco de España. Digamos de entrada que Luís María Linde como gobernador do Banco de España, e logo de que el mesmo se o aumentara,  ten un salario anual bruto de 174.733 euros -6,7 veces el salario medio español que está en 26.259 euros- e un contrato fixo de 6 anos -é nomeado por ese período sen que poida ser renovado-.
Os cidadáns galegos e españois podíamos esperar que un empregado da Administración pública, como L.M.Linde, fora moito mais prudente nas súas declaracións sobre emprego e salarios especialmente cando el mesmo se move nas cifras anteriormente citadas. Aínda que so fora por decoro: pero está visto que este personaxe nin sabe que é o decoro, nin a vergoña nin moito menos a comprensión cos millóns de familias que en España (27,3), e en Galicia (24,3%), estano pasando moi mal ben pola falta de ingresos ben por non chegar eses ao mínimo necesario.
Tamén cabía esperar que polo seu cargo tivera un maior coñecemento da realidade laboral e social de España. Cousa que non sucede. Debera saber que dende fai décadas as rendas do traballo (os salarios reais) en España (e en Galicia) non paran de perder peso no conxunto da economía a prol das rendas de capital chegando a valores mínimos neste momento (47,2% en España, 44,6% en Galiza). Paralelamente o nivel de precariedade tamén está acadando valores non coñecidos nas derradeiras décadas (en España o 14% dos traballadores está atrapado na pobreza, 20% en Galiza). A temporalidade disparouse asemade (24% en España, 25,5% en Galiza).
Diante destas realidades resultan obscenas manifestacións como aos do señor Linde. Manifestacións que nun estado democrático avanzado suporían o inmediato cese do seu responsable, aínda que so fora por incompetente amais de por decoro.



Manoel Barbeitos.


P.D.: Poda que nalgúns dos datos aquí manexados haxa algún erro xa que foron escritos de memoria. De habelo será moi pequeno e seguro que non cambia a realidade.

No hay comentarios: