lunes, 23 de octubre de 2017

Ler en galego



Os sociolingüistas saben que cando nun territorio se falan dúas linguas, en xeral, unha delas está discriminada respecto da outra. É o caso da lingua galega, pero non só, pois hai moitas linguas minoritarias, xa porque os que as falan son poucos en relación a outras linguas, xa como consecuencia daquela discriminación, que se pode explicar por causas históricas, políticas, etc.

Finlancia, por exemplo, formou parte do estado sueco ata principios do século XIX, en que foi incorporada como Gran Ducado o imperio ruso. A lingua das “elites” era o sueco, mentres o finlandés quedou relegado  mundo rural, pero aínda así a mediados do século XIX, un 87% da poboación falaba finlandés. Onde está, pois, a discriminación? En que o sueco era utilizado na Administración, na educación, na xustiza, na prensa, etc. O nacionalismo finlandés tivo entre as súas reivindicacións, a incoporación da lingua local a aquelas esferas.

O caso belga é distinto, onde a lingua ten provocado que incluso hoxe haxa partidos políticos da mesma ideoloxía que se organizan separadamente segundo o seu electorado sexa flamengo de lingua ou valón. O flamengo foi introducido en Bélxica durante o tempo en que foio administrada polas autoridades neerlandesas, a súa vez dependentes do imperio austríaco, pero hoxe a diferenza entre flamengo e valón é exclusivamente polo maior número de flamengo-falantes.

Galicia, como todos sabemos, tivo uns séculos que os expertos chaman “escuros” e que se poden facer coincidir cos da Idade Moderna. O idioma galego, non obstante, permaneceu amarrado nos núcleos rurais e foi sempre a lingua de comunicación para boa parte da poboación. Nin a dependencia administrativa e política ó estado español, nin a discriminación e persecución sufrida durante a ditadura do xeneral Franco, puideron extinguir o uso do galego, que se ten recuperado dende o establecmento da democracia en España. E, sen embargo, o galego está discriminado respecto do castelán porque séculos de illamento non se superan fácilmente. Onde o galego se ten recuperado bastante é na educación e na Igrexa, pero non na xustiza, na prensa e no mundo urbán.

Hai algo que os lexisladores non tivereon en conta cando pretenderon espallar o uso do galego alí onde non se falaba: –de boa fe ou por acomodación ás circunstancias: cada individuo non abandona a súa lingua materna fácilmente; diría que non a abandona nunca, por moitas lexilacións que se lle impoñan. Isto se pode comprobar nos territorios onde a política de rusificación foi levada a cabo na época dos zares. Se partimos desta base, que é obxectiva, que non pode deixarse de lado, entón estaríamos en condicións de que a lingua galelega, que coma outras é un patrimonio que non se pode abadonar a súa sorte, se achegase o castelán en uso e aprecio.

Cada lingua ten a súa lóxica, os seus xiros, os seus matices, as súas formas dialectais, as súas particularidades que a fan querida por aqueles que a teñen por materna. Non é correcto falar da “nosa” lingua cando nos referimos o galego, pois a “nosa” será para uns o castelán e para outros o galego ou as dúas. Non é correcto dicir que o galego é a lingua propia de Galicia (é o castelán impropia?) senón que, despois de tantos séculos, tan propia de Galicia é unha como a outra. Facer estas consideracións, sin embargo, é compatible con pronunciarse a favor dunha política que favoreza o uso da lingua galega, porque como xa dixen é un patrimonio irrenunciable, é unha riqueza a conservar.

E as linguas se conservan se se escriben, se teñen unha literatura que as fixa o terreo. O galego ten a súa literatura desde a Idade Media e nos últimos séculos, pero non é dabondo para que se utilice crecentemente, é necesario contar con obras clásicas en galego, dispoñer de ditas obras nas bibliotecas, nos centros de ensinanza, o alcance de todos; e é necesario unha política que anime á poboación a ler e que as lecturas en galego se encontren nos medios dixitais que hoxe utiliza unha poboación crecente.

Non creo na lexislación que obriga a este ou a aquel funcionario a utilizar unha determinada lingua; creo nunha política que incentive a lectura e que as lecturas en galego se encontren en todos os medios o alcance da poboación. 

L. de Guereñu Polán.

No hay comentarios: