jueves, 19 de febrero de 2015

GRECIA VERSUS ALEMANIA


Resultan especialmente lamentables as informacións e opinións que a maiorías dos medios de comunicación e opinión galegos i españois nos subministran sobre a digna batalla política que o goberno grego de Syriza está levando a cabo tanto coa putrefacta troica (BCE, CE, FMI) como con moitos gobernos europeos (liderados polo goberno alemán da Sra. Merkel).


Lamentables polas mentiras e informacións terxiversadas que nos transmiten e que non son mais que unha nova mostra da súa servidume as “finanzas” europeas que son quen os financian e manteñen.


1º. E mentira que o goberno de Syriza non queira pagalas débedas: simplemente está pedindo TEMPO para poder pagalas e tamén para poder revisar tanto as causas desa desorbitada débeda cando da lexitimidade de moita da mesma.



2º. Un tempo que, no seu día, si lle foi concedido, p.e., tanto o goberno alemán para pagalas súas débedas derivadas ben da segunda guerra mundial –que ela provocou- ben dos custos da integración de Alamana do Leste, como ao goberno inglés polas mesmas razóns anteriores, como a moitos outros gobernos que precisaron da solidariedade internacional para facer fronte a uns problemas fiscais derivados de gobernos e situacións anteriores.


3º. Un dereito a revisión que é indiscutible si temos en conta a orixe e natureza da actual débeda grega quen permiten cualificar a unha parte da mesma como ilexítima. E bo saberen que unha grande parte desa débeda deriva dos déficits anteriores da súa balanza de pagos: déficits derivados dunha desmesurada compra de armamento militar a empresas alamanas, francesas e estadounidenses de tal magnitude que o goberno grego de torno –entre o que estivo a terrible ditadura militar- fixo que Grecia pasara a seren o estado europeo con maior nivel de gasto público en armamento. Unha compra estimulada tanto polos bancos alemáns e franceses –que prestaron inxentes cantidades de diñeiro ao goberno grego de torno para a merca dese armamento: compras marcadas por unha fortísima corrupción-, como pola Unión Europea e os Estados Unidos –había que faceren fronte ao perigo “turco”- pero que desestabilizaron a balanza de pagos a pesares de que as axencias de cualificación afirmaban que o goberno grego era moi solvente. Unha débeda cos bancos alemáns e franceses que agora foi asumida pola UE que a “rescatou” da banca europea. Unha débeda que tamén ten a súa orixe no enorme déficit fiscal que ten Grecia derivada do elevadísimo fraude fiscal existente dado que, ao igual que sucede en España, as grandes fortunas gregas non pagan impostos senón que defraudan –e sacan os seus diñeiros de Grecia contando co apoio dos bancos alemáns, franceses, españois…. e tamén gregos-: un fraude fiscal do que a troica nunha falou nin fala e que Syriza quere combater.


4º. O goberno de Syriza defende, con todo dereito, que por riba de todo está o seu compromiso co pobo grego que é o compromiso con as promesas que lle fixo e pola que foi o partido mais votado e que lle dou a gobernanza. Unha práctica política –a de ser fiel as promesas- que non acostuma a seren a práctica política da maioría dos gobernantes europeos: véxase a caso do PP en España, do PS en Francia, da alianza entre os conservadores e a socialdemocracia en Alamania, dos conservadores na Gran Bretaña…..


5º. O goberno Syriza tamén defende, as evidencias i experiencias os avalan, que as durísimas políticas de axuste fiscal, rebaixa salarial e desregulación laboral que defende a troica son a causa da actual depresión económica e social que atravesa Grecia –como sucede con España, Portugal…. pero mais forte- polo que de seguiren por iso camiño so cabe esperar mais pobreza, mais desigualdade, mais destrución económica e social…. Evidencias que poñen de manifesto a imperiosa necesidade de cambiar esas políticas polo ben dos pobos europeos. Sería recomendable votarlle unha vista ao que estar a sucederen nos Estados Unidos      –berce do capitalismo- por mor de aplicar unhas políticas fiscais e monetarias diferentes da UE o que lle está permitindo maiores taxas de crecemento e estaren saíndo da crise a pesares da modestia daquelas.


6º. O goberno Syriza tamén sabe que estas políticas son as que interesan ao capital financeiro europeo –bancos, mutuas, fondos de pensións e investimento- e ao capital comercial que teñen na troica (BCE, CE e FMI) e no actual goberno alemán os seus maiores defensores. Uns capitais que se están enriquecendo co empobrecemento dos pobos grego, español, portugués….

Pero nada disto atopamos na maioría deses medios de comunicación e opinión polas razóns anteriormente apuntadas. Para outra vez deixo a miña reflexión sobre a –lamentable e patética- actitude da socialdemocracia europea en todo esta crise.


MANUEL BARBEITOS

No hay comentarios: